O PSdeG rearmase para facer un “proxecto realista, galeguista e centrado na maioría social”

Estratexia e coordinación nos novos grupos de traballo

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rueda de prensa

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rueda de prensa – PSDEG

O secretario xeral do PSdeG aposta por configurar un “proxecto realista, galeguista e centrado na maioría social”. José Ramón Gómez Besteiro convocou aos coordinadores dos 15 grupos de traballo que a Comisión Executiva Nacional Galega acordou crear o pasado mes de abril, para construír formalmente os foros arredor dos que o partido quere configurar un “proxecto realista, galeguista e centrado na maioría social”.

Besteiro aposta por este movemento co “obxectivo claro” de compartir ideas e elaborar propostas para construír unha “alternativa de futuro”. Tras a configuración dos grupos, os socialistas galegos “queren escoitar máis voces, unir máis miradas e construír máis Galicia”.

O líder dos socialistas galegos valorou o perfil dos 173 socialistas de toda a comunidade que se integraron no proxecto ao longo das últimas semanas. “Son xente de todas as idades, con experiencia en sanidade, educación, rural, empresa e coidados”, detallou Besteiro ao tempo que ensalzou que se trata de persoas “comprometidas, que coñecen a realidade e que queren construír”. “Este proceso xa está en marcha e agora abrímolo a toda a sociedade”, apuntou Besteiro.

A distribución dos grupos

Deste xeito, os grupos quedarían compostos con Silvia Fraga á fronte do de Igualdade; Abel Losada, Sector Económico; Natalia González Benéitez, Política Social; Julio Torrado, Sanidade; Fabián Canosa, Educación; Silvia Longueira, Cultura e Lingua; Roberto Fernández Rico, Monte; José Ramón Romero, Mar e Recursos Mariños; e Ramón Alonso, o de Medio Ambiente e Emerxencia Climática.

Así mesmo, o grupo Transportes e Mobilidade, é responsabilidade de Patricia Otero; Memoria Histórica de Iván Puentes; o de Vivenda, de Iria Sobrino; o de Deportes, de Jorge Bustos; o de LGTBI, de Aitor Rodríguez Casanova; e o de Europa, de Nicolás González Casares.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta