Pontón pide a Rueda que mostre os acordos da Xunta con Altri antes de que «a xustiza o obrigue»
A voceira nacional do BNG celebra a admisión a trámite do recurso para acceder ao acordo entre Impulsa e Altri, que considera "beneficioso" para a empresa pero "prexudicial" para Galicia.
Igrexas, Rego, Pontón e Da Silva durante un acto en Vigo / Europa Press
Ana Pontón eleva o ton contra o presidente da Xunta por mor dos acordos con Altri. A voceira nacional do BNG retou este luns a Alfonso Rueda a que faga públicos esta semana os acordos coa compañía lusa para así “non ter que esperar a que a xustiza o obrigue”.
A líder dos nacionalistas galegos reaccionou así despois de coñecerse este fin de semana que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso do BNG para acceder ao acordo entre o Goberno autonómico e Altri a través da sociedade Impulsa.
A xuízo de Pontón, esta “opacidade” o que demostra, ao seu xuízo, é que o acordo é “beneficioso” para a empresa pero “prexudicial” para Galicia.
Ana Pontón criticou que Rueda esixa transparencia ao Executivo central pero non a aplique na comunidade, tendo o documento de Altri “encerrado baixo sete chaves”. “A sociedade galega ten dereito a saber a que se comprometeron con Altri”, insistiu.