Rueda advirte de que “xa hai un fronte común montado” contra o Goberno de Sánchez pola financiación

"Non hai que ir a un notario", di, para defender que non hai que darlle un barniz formal ao acordo entre autonomías cunha postura compartida sobre a financiación.

Entrevista al presidente de la Xunta, Alfonso Rueda

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, durante una entrevista para Europa Press, a 1 de agosto de 2025, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Rueda es presidente del Partido Popular de Galicia desde 2022. Foto: César Arxina / Europa Press

O titular da Xunta, Alfonso Rueda, considera innecesario darlle un barniz máis formal a un acordo entre autonomías para defender principios compartidos en financiamento e sostén que o “fronte común” de comunidades, máis fortalecido incluso ante o cupo catalán, “xa está montado”. De feito, argumenta que “non hai que ir a un notario”, senón que basta con escoitar a varios presidentes de diferentes cores políticos.

“Que máis fronte común que todas as comunidades, desde logo as do PP e moitas que non son do PP, que son do PSOE, o partido que goberna, dicindo o mesmo, que isto é un disparate e que vai servir para empobrecermos a todos menos ás comunidades que sosteñen ao goberno. O fronte común xa está montado, non hai que ir a un notario para montar ese fronte común, nin ao rexistro da propiedade, nin nada”, sentenciou, nunha entrevista concedida a Europa Press.

“Reactualizar o acordo”

Nela, censurou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que lle dixese na Moncloa que “case non valía a pena intentar” reformar o modelo de financiación porque “era moi difícil poñernos de acordo”. Diante, lembroulle a ‘Declaración de Santiago’, con uns principios comúns, subscrita en 2021, aínda baixo o mandato de Alberto Núñez Feijóo, por Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha, Aragón, Extremadura, Asturias, A Rioxa e Cantabria.

“Que mellor punto de partida? ¿Creo que houbo negociacións que se pecharon con un punto de partida moito máis feble”, defendeu, ao tempo que insistiu en que esa declaración asinouse “cando aínda non había a ameaza” do cupo catalán, polo que agora ve a súa “vixencia” multiplicada “por dez” e máis razóns para ir a un Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF).

Dito isto, Rueda afirma que non tería “ningún problema” en “reactualizar” este acordo se se considera “que fai falta”. Pero tamén sostén que, se o feito de querer “reactualizalo e levalo a un aspecto formal” vai servir para “tensionar e dicir que xa non está vixente”, é partidario de “deixalo así”. “Todo o mundo ten claro que seguimos pensando o mesmo”, sentenciou.

Neste sentido, reiterou a súa convicción de que habería acordo se se sentan as comunidades. “Claro que discutiríamos con Andalucía, que ten outros criterios, pero ao final porémonos de acordo porque non nos queda outro remedio. Pero non podemos poñernos de acordo se ninguén nos chama para intentarlo”, lamentou.

Condoadación da débeda

Sobre o punto concreto da condonación da débeda, Rueda reafirmouse en que, como proposta “illada”, non lle ve “ningunha vantaxe”, e reitera que é “un mal negocio aceptar deixar de pagar 35 millóns ao ano” para non poder “discutir 500 millóns”, que é o que “pediría” se o “chaman” no marco dunha reforma da financiación.

Como outras veces en sede parlamentaria ou en múltiples intervencións, Rueda insistiu en que el “asinaría” a condonación “agora mesmo”, se “como di o PSdeG, Galicia fose ter 2.000 millóns para poder gastar en sanidade, servizos sociais ou dependencia”. “Pero iso non é verdade”, advertiu.

Con todo, na entrevista concedida a Europa Press, matizou que non se opón como tal á condonación da débeda, senón a que se plantexe como medida única. E abriu a porta a aceptala chegado o caso e con condicións: “Non lle veo ningunha vantaxe como proposta illada. Se vai con outras, ningún problema”.

“Se vai acompañada do que realmente lle interesa a Galicia, eu non me vou opoñer”, recoñeceu, antes de precisar que a condición sería, por exemplo, que o Goberno se comprometese “nun prazo razoable” a ir tamén ao debate da financiación e “pechala”. Pero para Rueda, a quita soa “non ten ningún sentido”. Considera que é “unha urxencia” para Cataluña, “afogada polos intereses” e en busca de que “se os paguen entre todos os españois”.

Eleccións xerais

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta