Rueda considera os ataques de Israel en Gaza «unha auténtica salvaxada» que debe «parar canto antes»

O presidente da Xunta evita o termo xenocidio, xa que non xera consenso no PP, pero advirte que as palabras técnicas non poden ocultar que están morrendo "miles de persoas"; cre que as protestas na 'Volta a España' non foron "adecuadas".

Rueda, antes de comparecer ante los medios después del Consello. - DAVID CABEZÓN @ XUNTA

Rueda, antes de comparecer ante los medios después del Consello. – DAVID CABEZÓN @ XUNTA

Alfonso Rueda condenou a actuación de Israel en Gaza sen utilizar o termo xenocidio, que xera división nas súas propias filas, como evidencian as posturas de, por exemplo, o alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, ou a propia presidenta da comunidade madrileña, Isabel Díaz Ayuso. O presidente da Xunta, en cambio, si que tivo palabras duras para a ofensiva de Israel contra os palestinos, e considerou que o que sucede en Gaza parécelle “unha auténtica salvaxada” que “non ten nome” e que “ten que parar canto antes”.

“As denominacións máis técnicas creo que non poden ocultar o que está pasando alí e que están morrendo miles de persoas, e iso debe parar“, esgrimiu o dirixente galego, evitando outros cualificativos que puidesen ferir sensibilidades no seu propio partido.

Crítico coas protestas

Tras esta particular condena, Rueda volveu ás liñas argumentais de Génova e mostrouse crítico coas protestas que tiveron lugar durante a La Vuelta a España e que forzaron a cambiar o percorrido de varias etapas. O líder do PP galego cre que os “métodos” que algunhas persoas están utilizando para protestar contra “as miles de mortes” en Gaza “non son, nin moito menos, os adecuados”. Tamén reprobou a actitude de Pedro Sánchez, pois, ao seu entender, avala esas protestas de maneira “irresponsable”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta