Continúa a batalla política polos incendios: o Goberno acusa a Rueda de “frivolizar”

O secretario de Estado de Medio Ambiente indica que houbo "un punto de inflexión" na coordinación cando as comunidades do PP pediron "nunha franxa horaria moi limitada do mesmo día" medios de iguais características.

Alcaldes afectados por la dana se reúnen para la adecuación de infraestructuras de abastecimiento, saneamiento y depuración de aguas

El secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, durante una reunión con representantes de entidades operadoras del ciclo integral del agua y alcaldes de varios municipios afectados por la dana- Foto de archivo: EFE

O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, reprendeu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, por “frivolizar” en relación aos danos causados polos incendios que afectaron a Galicia, especialmente á provincia de Ourense, durante o mes de agosto, e asegurou que os prexuízos “non son de primeira, segunda ou terceira”.

Todo isto, en referencia ás declaracións que o presidente autonómico fixo o luns tras o Consello da Xunta, cando afirmou que “algo máis do 60%” da superficie afectada era matogueira, aínda que outra “parte importante” era só “estradas de pedras, que tamén computan na superficie”. “Por iso, hai que poñer as cousas no seu exacto lugar” para “saber onde hai que actuar”, dixo.

Espazos de alto valor

Neste sentido, Morán, nunha entrevista na Cadena Ser Galicia, recollida por Europa Press, apuntou que “convén ser moi rigorosos” ao analizar do impacto dunha “catástrofe destas dimensións”.

“Hai que entender o que é a biodiversidade e o espazo que compartimos coa biodiversidade no seu conxunto”, afirmou, ao tempo que incidíu en que “minimizar os danos” polo feito de que as características do solo “sexan unhas ou outras pode converterse nun placebo”, pero na realidade o dano final “non pode ocultarse”.

A continuación, explicou que “eses espazos” aos que se refire o presidente autonómico “minimizándoos” en relación con outros teñen “un alto valor e contribúen” a que o conxunto do territorio sexa “equilibrado”: “Non creo que sexa bo frivolizar en relación se os danos son de primeira, de segunda ou de terceira”.

Transparencia

Consultado sobre xestión do Goberno galego nesta crise, Morán asegurou que “foron os primeiros sorprendidos” polas noticias que recibían sobre as cifras de hectáreas queimadas que, “parece que había unha disfunción” entre as que ofrecía a Xunta e as dos propios profesionais de extinción de incendios.

“Á hora de xestionar unha catástrofe é moi importante un elemento, que é o da transparencia, porque só a transparencia permite ao conxunto da cidadanía depositar a súa confianza nas institucións”, remarcou.

Se ese valor da transparencia “perdese” introduce o elemento da “desconfianza”. “Que unha parte da cidadanía desconfíe de que o que se lles está dicindo é certo ou non é certo na súa integridade, ao único que contribúe é ao desánimo xusto nos peores momentos”, argumentou.

Comunidades do PP

Morán, preguntado sobre se as comunidades autónomas do PP actuaron coordinadas baixo as ordes do líder dos populares, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que houbo un “punto de inflexión”.

Esa situación, continuou, deuse cando todas as CCAA gobernadas polo PP, nunha “franxa horaria moi limitada do mesmo día”, enviaron diferentes misivas de petición de medios ao ministerio de iguais características.

Todo iso cando, ao seu xuicio, ata ese momento o procedemento de coordinación foi “impecable”: “Só hai que remitirse ás declaracións que facían os propios presidentes ou conselleiros das comunidades autónomas responsables das emerxencias”.

“Repítese o mesmo patrón do sucedido coa DANA en Valencia. Nos primeiros días o presidente da Generalitat Valenciana, Carlos Mazón, agradecía publicamente a colaboración dos medios do Estado e a partir dun determinado momento, xusto cando o líder da oposición aparece nunha rolda de prensa lanzando diatribas contra o goberno de España, prodúcese unha inflexión no discurso do presidente Mazón”, asegurou Morán.

“Neste caso, prodúcese exactamente o mesmo”, afirmou, ao tempo que quixo “deixar claro” que esa “especie de batalla” a través de declaracións “en ningún momento é real” no ámbito da coordinación técnica.

Piromanos

En canto ás causas dos incendios, Morán afirmou que “as causas principais” destes lumes “non están” nos piromanos, que “non chegan nin ao 7% nas causas identificadas como a orixe dos incendios”.

“Hai que ser coherentes porque se nos equivocamos na análise das causas é moi difícil que consigamos intervir adecuadamente na corrección dos efectos”, declarou.

Neste sentido, sostivo que “hai que saber” cal é a orixe dos incendios para saber “onde hai que atacar”, xa que “evidentemente se consegue non se xere un incendio é mellor que apagalo a posteriori”. “Se diriximos a mirada cara onde non están as responsabilidades é moi complicado acertar nese proceso”, concluíu.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta