A Xunta convoca liñas de axuda por 100 millóns para reindustrializar As Pontes e Meirama.
A conselleira María Jesús Lorenzana anuncia estas novas convocatorias con fondos de Transición Xusta para atraer grandes proxectos industriais ás zonas afectadas pola descarbonización.
A conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, na presentación de novas liñas de axuda da Xunta a zonas de Transición Xusta, como As Pontes e Meirama. Foto: Xunta
A Xunta convoca novas liñas de axuda por máis de 100 millóns de euros do fondo de transición xusta –cofinanciado pola UE– para impulsar a reindustrialización e o emprego nas zonas afectadas polo peche das centrais térmicas de As Pontes e Meirama.
Esta investimento busca atraer grandes proxectos industriais e apoiar ás pemes na provincia da Coruña, tal e como se publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Este sábado abre o prazo para a liña de axudas para a cal a Xunta destina 80 millóns co obxectivo de financiar proxectos de descarbonización e renovación industrial de compañías tractoras, modernizar os procesos industriais e xerar actividade económica sostible a medio e longo prazo.
Axudas a grandes proxectos e pemes
Por súa parte, a Xunta destina outros 22 millóns de euros a unha nova edición de préstamos parcialmente reembolsables para pemes da provincia da Coruña que poderán solicitarse a partir do próximo 9 de febreiro.
O prazo de presentación de solicitudes é de tres meses en ambos casos, co obxectivo de facilitar ás empresas o acceso ás axudas e á financiación prevista nestas liñas de apoios cofinanciadas pola Unión Europea a través do programa do Fondo de transición xusta 2021-2027.
“Falar de aperturas e non de peches”
De iso informaron os conselleiros de Economía e Facenda, María Jesús Lorenzana e Miguel Corgos, na xornada ‘Fondos para unha transición xusta: Oportunidades de futuro’.
“Non estamos aquí para falar de peches, senón de aperturas, de novos proxectos nestas comarcas”, dixo Lorenzana, quen agradeceu a todos os traballadores que “foron capaces de converter estas dúas comarcas e todas as áreas de influencia en unhas zonas industriais de primeiro nivel en toda España”.
Por súa parte, Miguel Corgos destacou a importancia dos fondos europeos na realidade empresarial de Galicia. “Galicia é Europa, e os fondos europeos son un dos principais motores do noso desenvolvemento económico“, aseverou.
Reinserción laboral
Corgos moderou unha mesa na que empresarios expuxeron o que o apoio dos fondos supón e o seu impacto no crecemento dos seus negocios, na súa competitividade e no territorio.
O Goberno galego asinou con UGT, CC.OO., Asime e a Confederación de Empresarios da Coruña o Plan de Actuacións Integral (PAI) As Pontes-Meirama 2025-2028 para a reinserción laboral das persoas traballadoras afectadas polos peches das centrais. Dentro deste plan destaca o proxecto Activa Verde, orientado a atender a 900 participantes con programas de orientación.