A Xunta reforzará o servizo do 012 para atender dúbidas sobre as axudas polos incendios.

As axudas dirixiranse aos afectados para paliar os danos que sufriron, e poderán estenderse, entre outros, a explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras; establecementos comerciais, industriais, turísticos ou deportivos; infraestruturas e o arranxo das vivendas.

El conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, durante su visita al Centro Integrado de Atención a las Emergencias de A Estrada

El conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, durante su visita al Centro Integrado de Atención a las Emergencias de A Estrada. – XUNTA

A Xunta reforzará o servizo de atención e información á cidadanía, o 012, para atender as dúbidas e informar sobre as medidas urxentes para a reparación dos danos causados polos incendios forestais.

Así o explicou este domingo o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, durante a súa visita ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de A Estrada e detallou que aumentará o persoal para dar resposta no teléfono 012 ás chamadas da poboación relacionadas con estas liñas de axudas, que aprobarán a próxima semana nun Consello extraordinario en Ourense, ao mesmo tempo que incrementará o horario do servizo.

O conselleiro lembrou que cuantifican os danos causados polos lumes por esta situación excepcional para habilitar as axudas aos damnificados.

Neste sentido, explicou que a Xunta busca activar coa maior celeridade as liñas das distintas consellerías co fin de que as persoas destinatarias poidan solicitares canto antes.

Así, os apoios dirixiranse aos damnificados para paliar os danos que sufriron, e poderán estenderse, entre outros, a explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras; titulares de tecores; establecementos comerciais, industriais, turísticos ou deportivos; infraestruturas e o arranxo das vivendas, ademais de axudar co aloxamento provisional ás persoas afectadas.

Outras axudas

A continuación, avanzou que a Xunta tamén ten previstas axudas ás entidades locais para que poidan facer fronte aos gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e aos danos causados nos bens de titularidade municipal por esta causa.

Diego Calvo destacou a importancia dos canais oficiais de comunicación do 112 Galicia, tanto a web como as redes sociais, que durante estes días convertéronse en fonte de referencia para a cidadanía e para os medios de comunicación.

Nesta liña, subliñou que o 112 Galicia demostrou unha vez máis ser unha peza clave na seguridade dos galegos e incidiu en que o compromiso do seu persoal foi fundamental para facer fronte a esta situación tan complexa converténdose nun verdadeiro eixe de coordinación da protección civil na nosa comunidade.

Ademais, remarcou o agradecemento do Goberno galego a todos os profesionais vinculados ás emerxencias en Galicia que, unha vez máis, deron e están a dar o mellor de si mesmos para facer fronte aos incendios.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta