Besteiro denuncia a “incompetencia” da Xunta na xestión dos incendios e esixe responsabilidades

O líder dos socialistas galegos acusa ao Executivo galego de abeirarse baixo o paraugas "da trama incendiaria" e sinala que "o Partido Popular, cando non é capaz de resolver un problema, sempre busca a quen botarlle a culpa".

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en la visita al edificio de O Vello Cárcere de Lugo, a 28 de agosto de 2025

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en la visita al edificio de O Vello Cárcere de Lugo, a 28 de agosto de 2025. PSDEG-PSOE

José Ramón Gómez Besteiro, líder dos socialistas galegos, sinalou que na próxima comparecencia de Alfonso Rueda no pleno do próximo 9 de setembro no Parlamento deberá abordarse as “responsabilidades políticas” pola xestión dos incendios deste verán, que cualificou de incompetente e descoordinada.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, durante unha visita ao edificio de O Vello Cárcere de Lugo, para apoiar a súa candidatura como Lugar de Memoria.

Besteiro referiuse a esa comparecencia do presidente Rueda e advertiu: “É o momento de falar de responsabilidades políticas”. Así mesmo, avanzou algunhas das cuestións que o PSdeG porá sobre a mesa nesa cita no Parlamento, en alusión a “o que tiña que terse feito e non se fixo, sobre o grao de coordinación que houbo, do número de efectivos que se puxeron na práctica e, sobre todo, darase conta dun recopilatorio destes 17 anos do Partido Popular á fronte da xestión de incendios”.

Explicacións non válidas

Para o líder dos socialistas galegos as explicacións dadas ata agora non son válidas e lembrou, sobre a existencia dos lumes de quinta e sexta xeración, que “esta posibilidade xa a coñeciamos todos desde o ano 2020 ou 2022”. Igualmente, acusou ao goberno galego de abeirarse baixo o paraugas “da trama incendiaria”, subliñando que “o Partido Popular, cando non é capaz de resolver un problema, sempre busca a quen botarlle a culpa”.

Tras censurar outros dos argumentos de Rueda, como a falta de medios ou que eran “incendios imposibles de apagar”, Gómez Besteiro recalcou que, o que ocorreu, segundo o criterio dos socialistas, foi que houbo “incompetencia e descoordinación” na xestión dos incendios.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta