Felipe VI, no Foro La Toja: “A Unión Europea ten a responsabilidade de facerse escoitar”
O Rei inaugura a sétima edición do Foro na que os 'pais da Constitución', Miguel Herrero e Rodríguez de Miñón e Miquel Roca i Junyent, reciben o premio Josep Piqué.

El rey Felipe VI en la inauguración de la séptima edición del Foro La Toja – Vínculo Atlántico
O rei Felipe VI inaugurou este xoves o Foro La Toja, que se celebrará ata o próximo sábado na Illa da Toxa (O Grove), cun discurso no que apelou á “responsabilidade da Unión Europea de facerse escoitar e de asumir un papel protagonista na nova orde internacional”.
Nesta sétima edición foron galardoados co Premio Foro La Toja – Josep Piqué aos ‘pais da Constitución’, Miguel Herrero e Rodríguez de Miñón e Miquel Roca i Junyent.
Un ano máis, Felipe VI presidiu a inauguración do Foro acompañado polo ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Noticia en ampliación