Formoso fai balance dos seus dez anos na Deputación da Coruña: máis de mil millóns de investimento e case 26.000 novos empregos
O presidente da Deputación reivindica a xestión durante esa década que os levou a converterse na “entidade máis inversora do mundo rural por riba da propia Xunta”

Xosé Regueira y Valentín González Formoso. Deputación da Coruña
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, fixo balance dos dez anos de goberno do PSOE e o BNG coincidindo co ecuador da lexislatura 2023-2027 no que destacou a inversión realizada pola entidade en programas como o POS+, que multiplicou por catro o orzamento anual do Plan de Obras e Servizos pasando de 25 a máis de 100 millóns anuais e supuxo a creación e o mantemento de 18.000 postos de traballo, ou o Plan de Emprego Local, no que se investiron máis de 120 millóns e co que se crearon case 8.000 empregos.
Numa comparecencia conxunta co vicepresidente, Xosé Regueira, Formoso reivindicou a profunda cambio político da Deputación da Coruña, “con un modelo de referencia, exportable a Galicia”.
O presidente da entidade subliñou que diferentes informes de organismos externos e independentes, como o Consello de Contas, “evidencian con datos esta transformación”, situando á Deputación como un referente en políticas de loita contra a despoboación rural, a implantación da administración electrónica ou a transparencia na xestión.
«É significativo que o Consello de Contas evidencie que a investimento da Deputación nos concellos da provincia é superior á do Fondo de Cooperación Local da Xunta. Investimos máis nos municipios da provincia da Coruña que a Xunta nos das catro provincias galegas».
Principais logros
Entre os principais logros conseguidos ao longo desta década Formoso puxo en valor a posta en marcha do Plan Único que non só puxo fin á “distribución arbitraria de fondos en función da cor política dos municipios”, senón que tamén “consolidou un modelo de financiamento municipal xusto e transparente onde os municipios son os que deciden”.
Neste sentido lembrou que o POS+ multiplicou por catro o orzamento anual do Plan de Obras e Servizos, pasando de 24 a máis de 100 millóns anuais. Este aumento permitiu, entre outras cousas, a aprobación de máis de 4.500 obras nos concellos da provincia, cunha investimento récord que, xunto coa das estradas provinciais, cifran en máis de 1.000 millóns de euros, ademais da creación e o mantemento de 18.000 postos de traballo.
Outro dos logros que mencionou está relacionado co emprego e o emprendemento. «Pasamos dunha administración que só contrataba persoal de construción tres meses ao ano a un verdadeiro motor de emprego na provincia». Formoso indicou que no Plan de Emprego Local (PEL) investíronse máis de 120 millóns de euros, creáronse 7.700 postos de traballo, apoiouse a 2.700 empresas e 4.000 autónomos, e impulsáronse 260 proxectos emprendedores nos 11 espazos de coworking creados nestes dez anos.
Tamén destacou o “compromiso social” da entidade que agora é recoñecida como “garante dos coidados, da atención á dependencia e dos servizos sociais máis próximos”. Así, apuntou que durante esta década de goberno a Deputación pasou de investir “só 17.000 euros ao ano por concello para a axuda no fogar (o equivalente ao salario anual dun coidador) a financiar 400.000 horas de axuda no fogar ao ano, contratar a 180 profesionais sociais nos municipios e apoiar a labor de case 300 entidades sociais da provincia, cun orzamento social que supera os 33 millóns de euros anuais.
Asimismo, destacou outros “fitos” conseguidos como o cambio en dez parques de bombeiros que “agora son 100% públicos”, a “recuperación do pazo de Meirás para os veciños” ou a posta en marcha do “maior estudo dixital inmersivo de España”.