Galicia inicia o outono cunha subida do desemprego do 3,1%

Os datos do Ministerio de Traballo revelan que Galicia pechou o mes de setembro con 113.085 desempregados, o que supón unha suba de case 3.400 persoas respecto a agosto.

Oficina de empleo

Oficina de empleo. Eduardo Parra – Europa Press

Novo aumento do paro rexistrado en Galicia tras rematar a campaña de verán. As oficinas dos servizos públicos de emprego contan agora cun total de 113.085 desempregados, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social publicados este xoves.

Esto supón un incremento de 3.394 persoas respecto a agosto (+3,1%). Non obstante, en comparación con setembro do ano pasado, o paro na comunidade baixou un 6,54%, con 7.907 parados menos.

No conxunto de España, o número total de persoas inscritas nas oficinas de emprego sitúase en 2.421.665, o que supón 4.846 parados menos que en agosto (-0,2%). En termos anuais, a caída foi do 5,97% (153.620 desempregados menos).

En Galicia, do total de parados, un 59,44% son mulleres e un 4,3% menores de 25 anos. Todos os sectores incrementaron o paro, aínda que o sector servizos concentrou a maior subida con 2.487 desempregados máis, tras o fin da temporada estival.

Caída do paro en España

A evolución en Galicia contrastaa con tendencia nacional. En toda España, o paro descendeu en setembro en 4.846 persoas (-0,2%), grazas sobre todo á baixada na construción e os servizos. Tras este retroceso, o número total de desempregados en España situouse en 2.421.665, a cifra máis baixa nun mes de setembro desde 2007, destacou o Ministerio.

O descenso rexistrado este ano é o primeiro nun mes de setembro desde 2007, coa excepción de 2020 e 2021, anos marcados pola pandemia, cando o paro baixou en 26.329 e 76.113 persoas, respectivamente.

Dende que comezou a serie histórica no 1996, o paro só baixou en setembro en seis ocasións: 2005, 2006, 2007, 2020, 2021 e 2025. A maior baixada deuse no 2021 (-76.113 desempregados), mentres que o maior repunte aconteceu en 2011, con case 96.000 parados máis. En termos desestacionalizados, o paro rexistrado diminuíu en 29.689 persoas respecto ao mes anterior.

No último ano, o desemprego acumula un descenso de 153.620 persoas (-5,97%), cun retroceso do paro feminino de 84.834 mulleres (-5,4%) e unha caída do desemprego masculino de 68.786 homes (-6,7%).

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta