Unirisco, USC e Pereimos impulsan a nova ferramenta de Inverbis para comparar procesos entre hospitais

Salusbench converte rexistros reais en métricas claras que facilitan a detección de colos de botella, incumprimentos de protocolos e oportunidades de mellora en tempo real, dentro dun entorno ético, interoperable e seguro.

Tres personas en un quirófano

Inverbis, a empresa galega de innovación tecnolóxica, lanzou a ferramenta Salusbench, unha solución orientada a optimizar a eficiencia de hospitais, laboratorios e centros asistenciais a través da análise comparativa de procesos, sen expoñer información sensible. A ferramenta conta co apoio financeiro de Unirisco, Lugo Transforma, a Universidade de Santiago (USC), e Pereimos.

Salusbench implementarase inicialmente no demostrador multisectorial xestionado polo CESGA, “posicionando a Galicia como referente en dixitalización sanitaria avanzada”. Esta solución permite aos centros sanitarios avaliar de xeito continuo e obxectivo o seu desempeño clínico e organizativo.

A través da aplicación de intelixencia artificial e técnicas de minería de procesos, converte rexistros reais en métricas claras que facilitan a detección de estrangulamentos, incumprimentos de protocolos e oportunidades de mellora en tempo real, dentro dun ambiente ético, interoperable e seguro.

“A ferramenta empregará estándares internacionais de datos específicos do ámbito da saúde, e aplicará sólidos mecanismos de gobernanza para garantir a soberanía dos datos, permitindo aos centros comparar os seus resultados con organizacións equivalentes sen comprometer nin a identidade institucional nin a dos pacientes. Así, indicadores clave como o tempo entre diagnóstico e tratamento, a duración de actividades clínicas, a repetición de tarefas, o cumprimento dos protocolos ou a xestión de colas en urxencias e quirófanos poden analizarse e compararse automaticamente de forma segura”, explican desde a empresa.

Primeiro paso

A posta en marcha no demostrador DATAlife xestionado por CESGA representa un primeiro paso, con vistas á súa conexión con outros espazos de datos europeos no futuro. O servizo, que ten un carácter modular e estará dispoñible por subscrición, incorpora modelos de compensación para as entidades que contribúan con información. Ademais poderá estenderse a outros ámbitos asistenciais como residencias de maiores.

Segundo apuntan desde a compañía, “Salusbench cumpre cos principios FAIR (Achable, Accesible, Interoperable, Reutilizable) e a normativa europea de protección de datos (RGPD), reforzando un compromiso coa dixitalización ética e a sostibilidade. Inverbis, ademais, aplica políticas de igualdade e tecnoloxías de baixo impacto ambiental en todas as súas operacións”.

O proxecto foi financiado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta