A prensa portuguesa sitúa a Escotet a un paso da compra do Futebol Clube Penafiel
A consolidación de Escotet no fútbol luso

Juan Carlos Escotet, ofrece su primera entrevista como próximo presidente del Deportivo de A Coruña. Foto: Deportivo de La Coruña
O fútbol portugués volta a despertar o interese dunha grande fortuna afincada en Galicia. Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca e o Real Club Deportivo de La Coruña, ultima a compra do histórico Futebol Clube Penafiel.
Así o afirma o xornal luso Record, que apunta que a folla de ruta de Juan Carlos Escotet contempla a adquisición do 90% do capital do conxunto do distrito de Porto. Segundo este medio, a oferta do presidente de Abanca rondaría os 12 millóns de euros e Gradual Score, sociedade a través da cal Domingos García controla actualmente o 100% do club, mantería unha participación do 10%.
Dobre aposta de Escotet polo fútbol e Portugal
O movemento suporía un novo salto de Juan Carlos Escotet, sexta maior fortuna de España segundo Forbes, na súa aposta polo fútbol. Logo de asumir a maioría accionarial do Real Club Deportivo de La Coruña no ano 2020 (antes da descens…
De acordo, Juan Carlos Escotet pasaría a ter o control de dous clubes das categorías de prata tanto do fútbol español como do portugués. O Deportivo finalizou a pasada temporada no décimo quinto posto mentres que o Penafiel, que en 2026 cumpriría 20 anos sen pisar a Primeira División portuguesa, acabou undécimo tras un mal final de tempada que o afastou dos dous postos de ascenso directo polos que estivo pelexando durante toda a campaña.
Así, estos dous postos de privilexio foron a parar ao Alverca (equipo propiedade dun consorcio liderado por Vinícius Júnior) e ao Tondela, que logrou o seu pase á máxima categoría do fútbol portugués o ano no que Élite Administración y Gestión (sociedade controlada por Ignacio Rivera e que ten a Tino Fernández como socio) pechou a súa adquisa por un importe aproximado de oito millóns de euros.
Por outra parte, Abanca adquiriu en 2018 a rede de oficinas de Deutsche Bank en Portugal e un ano máis tarde fíxose co control da filial española de Caixa Geral de Depósitos. Ademais, a entidade financieira pechou a finais de 2023 a adquisición de EuroB…