Altri advirte que a falta de conexión eléctrica «suporía obrigar a renunciar» á fábrica de Palas de Rei.
A papeleira lusa asegura tras coñecerse a súa exclusión da planificación eléctrica do Goberno de cara a 2030 que "non renuncia a utilizar todos os mecanismos de recurso administrativo ao seu alcance", o que non descartaría a vía xudicial.

José Soares de Pina, CEO de Altri / Altri
Altri parece hoxe máis preto de retirar o seu proxecto en Galicia que de sacalo adiante. A pasteira lusa non se pronunciara desde o pasado martes, cando o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou que o proxecto Gama quedaba fóra da planificación eléctrica do Executivo central para o horizonte 2030, un extremo que, un día despois, foi trasladado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. Este xoves, a compañía asumiu que “a potencial exclusión do proxecto da planificación eléctrica suporía obrigar ao territorio a renunciar a unha instalación que contribuiría á súa descarbonización”.
(Noticia en ampliación)