Amancio López, sen medo a Trump: Hotusa culmina a súa terceira apertura nos EUA nun ano
Eurostars aterriza en Washington coa adquisición dun hotel de catro estrelas e suma seis establecementos en territorio estadounidense.

Imagen del hotel St. Gregory, en Washington, que acaba de abrir bajo la marca Eurostars. Foto: Hotusa
Hotusa, o grupo hoteleiro do chantadino Amancio López reforza a súa presenza nos Estados Unidos a pesar das inquedanzas que desatou no mercado as políticas arancelarias do presidente Trump, así como o impacto dos tipos de cambio. A compañía anunciou que a súa cadea Eurostars acaba de chegar a Washington, na que se converte na súa terceira apertura no país en menos dun ano.
Segundo indica a compañía, Eurostars fixo co hotel St Gregory, un catro estrelas, situado entre Georgetown e Dupont Circle, dous dos barrios máis emblemáticos da capital federal do país.
O hotel conta con 156 habitacións e diferentes salas de eventos, como reunións corporativas ou celebracións familiares, con capacidade para acoller até 200 persoas. Así mesmo, dispón dun restaurante.
O interiorismo do hotel, de estilo ‘mid-century’, achega un “espírito sofisticado e unha atmosfera elegante”, mentres que as habitacións, con grandes ventaís, dan un “ambiente acolledor e sereno”.
“Mercado estratéxico”
Lonxe de afastarse do mercado norteamericano, o presidente do grupo Hotusa, Amancio López, sinalou nunha nota de prensa que Estados Unidos constitúe “un dos mercados máis estratéxicos” para expandir a actividade e que a adquisición deste hotel en Washington “representa un fito clave” no seu plan de crecemento internacional.
“A adquisición deste hotel en Washington supón a terceira operación no país en menos dun ano, tras as realizadas en Boston e Miami. Este desembarco na capital norteamericana representa un fito clave no noso plan de crecemento internacional, non só polo seu peso institucional, senón tamén pola súa intensa actividade empresarial e o seu extraordinario atractivo turístico”, expón.
Con esta operación, a cadea suma 6 establecementos en territorio estadounidense, estando presente en Nova York, Chicago, Boston e Miami, esta última con dous hoteis.