Ferroglobe paga once veces máis impostos en Suráfrica que en Galicia por explotar as súas minas.

A matriz de Ferroatlántica incrementou o ano pasado un 5% a produción nas súas catro minas galegas, polas que pagou algo máis de 40.000 euros en impostos tanto ao Concello de O Vicedo coma á Deputación da Coruña.

Ferroglobe, matriz de Ferroatlántica, celebra su 50 aniversario en Sabón (Arteixo)

Ferroglobe conmemora los 50 años de su fábrica de Sabón, en Arteixo, con la presencia del presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y el delegado del Gobierno, José Miñones

Ferroglobe cumpre o seu décimo aniversario. A firma naceu no ano 2015 como resultado da fusión entre a española Ferroatlántica e Globe. Desde entón, a compañía participada polo Grupo Villar Mir consolidouse como un dos principais produtores mundiais de silicio metálico e como líder en ferroaleacións.

Ademais destas actividades industriais, a multinacional que preside Javier López Madrid desenvolve unha intensa labor en materia de extracción de recursos. “Durante o exercicio finalizado o 31 de decembro de 2024, o 59,1% do consumo total de cuarzo de Ferroglobe foi autoabastecido”, destacaba a firma na súa memoria anual.

“Operamos minas de cuarzo ubicadas en España, Sudáfrica, Canadá e Estados Unidos e producimos carbón vexetal en Sudáfrica”, engade esta empresa que roza os 690 millóns de euros de capitalización bolsista. Galicia xoga un papel clave nesta rede de xacementos cos que Ferroglobe sostén boa parte da súa actividade.

A pegada mineira de Ferroglobe en Galicia

Son catro as minas que opera na comunidade. Trátase das de Serrabal (ubicada entre Vedra e Boqueixón), Sonia (Mañón), Esmeralda (Val do Dubra) e Coto Mineiro Conchitina (O Vicedo). Entre todas elas aportan case un terzo de todo o cuarzo que Ferroglobe extrae cada ano para nutrir a súa rede de fábricas de ferrosilicio e silicio metálico en todo o mundo.

Ferroglobe elevou a súa produción de 201.000 a 225.000 toneladas métricas en Serrabal, mentres que en Coto Mineiro Conchitina (O Vicedo) fixo o mesmo ao pasar de 14.000 a 15.000. Tendencia oposta seguiron as de Sonia (baixou de 119.000 a 116.000 toneladas) e de Esmeralda (de 10.000 a 6.000).

Destac forma, a súa produción total elevouse de 344.000 a 362.000 toneladas en Galicia (un 5,3% máis) ao longo do ano, achegando así o 28,9% do total do grupo. Estas actividades de Ferroglobe deixan a súa pegada tanto a través dos empregos xerados nas propias explotacións mineiras como nas arcas públicas. E é que a multinacional con sede en Madrid remitiu á SEC (o regulador bolsista dos Estados Unidos) un documento no que detalla cal foi a súa factura fiscal en Galicia.

Esta ascende a 47.822 dólares (uns 40.863 euros ao cambio actual). A cifra cae así respecto aos 50.548 dólares (43.192 euros) que aboara o ano anterior. A maior parte dos 47.822 euros correspondentes a 2024 foron a parar ao Concello de O Vicedo (24.638 euros) mentres que os 16.225 euros restantes canalizáronse a través da Deputación da Coruña.

De Sudáfrica a Canadá

As cantidades aboadas en Galicia son 11 veces inferiores aos arredor de 430.000 euros aboados ao Goberno de Sudáfrica. A compañía que preside Javier López Madrid opera un total de catro xacementos neste país (Mahale, Roodepoort, Fort Klipdam e Thaba Chueu Mining), que albergan reservas de cuarzo e cuarcita. Entre todos eles aportaron un total de 740.000 toneladas ao longo de 2024, unha cantidade que duplica á suma dos seus catro complexos mineiros en solo galego.

A de Thaba Chueu Mining (dedicada á extracción de cuarcita) aportou 636.000 toneladas por si soa, xerando máis da metade dos 1,25 millóns de toneladas do conxunto deste grupo que tamén opera minas de cuarcita en Alabama e Carolina do Sur (Estados Unidos), obtendo un total de 150.000 toneladas. Ferroglobe tamén conta con outras nove minas de carbón no país que preside Donald Trump, das cales só tres permanecen activas.

Ademais de España e Sudáfrica, Ferroglobe tamén aboou 2.732 euros ás autoridades de Québec (Canadá) pola titularidade da súa mina de Saint-Urbain, que non é operada pola compañía, senón por unha terceira parte.

En clave galega, a firma afronta no ano 2029 a expiración da concesión da súa mina de Esmeralda (operada pola súa filial Cuarzos Industriales). Máis tarde farano a de Serrabal (2038) e Conchitina (2039) mentres que no caso do xacemento de Sonia esta data de caducidade terá lugar en 2069.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta