Stellantis programa paradas de produción en Vigo por exceso de stock.

A multinacional anuncia aos traballadores que deterá a súa produción durante varias xornadas a finais de outubro ante a necesidade de axustar o ritmo de fabricación de vehículos á evolución da súa demanda.

Acumulación de coches de Stellantis en el Puerto de Vigo / Europa Press

Acumulación de coches de Stellantis en el Puerto de Vigo / Europa Press

Novos paros á vista na planta de Stellantis en Balaídos. A multinacional anunciou aos traballadores da factoría viguesa que detendrá a súa produción durante varias xornadas a finais do próximo mes de outubro.

Segundo indican os sindicatos, a compañía anunciou alteracións na súa actividade na última semana do mes, o que suporá un parón das dúas liñas da factoría durante varios días. O sistema 1, onde se ensamblan os Peugeot 2008, deterase a partir do mércores 29 de outubro en horario de tarde ata o domingo 2 de novembro en horario de noite.

Pola súa banda, o sistema 2, que monta as furgonetas do grupo, parará a partir da tarde do xoves 30 ata a mañá do domingo 2 co turno do fin de semana.

A de Vigo formará parte do plan de Stellantis para frear a produción ante a necesidade de axustar o ritmo de fabricación de vehículos á evolución da demanda dos mesmos.

Críticas dos sindicatos

Ante esta redución de produción, a Central Unitaria de Traballadores (CUT) mantivo un encontro este pasado luns coa Confederación Xeral do Traballo (CGT) e co sindicato Stopel onde analizaron a situación que viven as tres fábricas españolas de Stellantis (Vigo, Madrid e Zaragoza).

“Tres plantas, mesma receita: máis carga, menos vida e menos saúde”, reivindicaron nun comunicado, criticando o modelo da compañía que se basea, ao seu xuízo, en “recortes sociais e económicos, no incremento constante das cargas de traballo e nunha produtividade media ao minuto en vehículos por hora”. Para eles, o resultado “sempre é o mesmo”: “Unha produción disparada nos primeiros meses do ano que despois desemboca en paradas por exceso de stock”. “Moiras desas paradas preséntanse como falta de compoñentes, pero en realidade unha parte importante responden á sobreprodución”, aseguraron.

Os sindicatos lamentan que Stellantis “non perde nada” porque utiliza mecanismos de flexibilidade laboral que non teñen custo para a empresa, “pero si repercute na vida dos traballadores”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta