Prevalecen os propósitos fronte ao ruído

A pesar de que algúns movementos políticos ultra tratan de influír na axenda verde, para rebaixar ou diluír as esixencias de sustentabilidade ambiental e social, o Atlas confirma que os propósitos empresariais aliñados cos criterios ESG están integrados na nova cultura de xestión corporativa que prioriza o impacto a longo prazo antes que os resultados a curto prazo.

Personal de una empresa reunidos

Na anterior edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida alertabamos do risco de que a nova dinámica política, liderada pola Presidencia dos Estados Unidos, nos impedise ver o bosque da sustentabilidade, o bo goberno e o compromiso co entorno. Era unha advertencia razoable, porque os discursos negacionistas comezaban a penetrar nas elites políticas, mesmo naqueles xestores públicos que antes foran proclives á xestión empresarial e institucional marcadas pola aplicación dos criterios de ESG.

Un ano despois, aínda que as ameazas están activas e con demasiados detractores entusiastas, é preciso trazar unha visión optimista da situación e subliñar que as grandes corporacións optaron pola xestión comprometida co seu entorno, a preservación do medio ambiente e a gobernanza ética. Entre outras razóns, porque contribúe a construír unha boa reputación, que ten unha incidencia directa nos resultados económicos.

É certo que algunhas decisións no ámbito da Unión Europea e do Goberno de España, tratando de impulsar a senda da sustentabilidade, espertaron a tentación de reconsiderar todo o camiño percorrido ata o momento e os progresos alcanzados. Trátase, máis ben, dunha actitude reactiva ás imposicións do regulador, un xesto de rebeldía alentado polos portavoces negacionistas.

Con todo, o tecido empresarial entendeu que a aposta pola xestión ESG non é unha moda nin unha tendencia que se esvaecerá máis pronto que tarde senón máis ben unha cuestión de competitividade, lexitimidade e supervivencia.

Os dirixentes empresariais saben que non se trata de implementar o ecopostureo (greenwashing) para aparentar que se mantén unha certa conciencia social, senón de introducir cambios profundos na xestión interna das compañías e nas relacións cos grupos de interese (provedores e clientes, sobre todo) para ter unha contribución social positiva, xa sexa na xestión ética, na loita contra o cambio climático ou o compromiso co entorno.

A presente edición do Atlas confirma que as empresas galegas integraron estes principios na súa cultura corporativa. Cada vez son máis as entidades que incorporaron a figura de responsable de sustentabilidade no seu comité de dirección, como unha área de xestión vinculada cos riscos corporativos e a influencia directa nas súas finanzas. 

A comparación con edicións anteriores indica que as corporacións foron capaces de superar o nivel de esixencia do Atlas, que se incrementou en cada edición na medida que avanzaba a normativa vixente con máis requisitos. Non só introducen políticas aliñadas cos criterios ESG senón que buscan obter certificacións independentes que avalen as boas prácticas. É unha garantía ante o regulador, pero tamén un pacto de confianza cos seus grupos de interese e, en definitiva, co conxunto da sociedade.

A pesar de que algúns movementos políticos ultra tratan de influír na axenda verde, para rebaixar ou diluír as esixencias de sustentabilidade ambiental e social, o Atlas confirma que os propósitos empresariais aliñados cos criterios ESG están integrados na nova cultura de xestión corporativa que prioriza o impacto a longo prazo antes que os resultados a curto prazo.

Non se trata só de obter bos resultados, xa que a sociedade esixe coñecer tamén como se alcanza ese beneficio e que impacto ten no entorno. Nun contexto económico cada vez máis complexo e interdependente, non é posible ignorar esta transformación social, porque a confianza converteuse nun activo estratéxico, e esta constrúese con responsabilidade, compromiso e transparencia.

Os resultados das seis edicións do Atlas certifican que as empresas comprometidas e con bos propósitos obteñen uns resultados alentadores. Das 80 empresas que participan na presente edición, o 30% delas estiveron tamén nas cinco anteriores. A comparación do seu volume de negocio conxunto co rexistrado en 2019 apunta un crecemento do 41,5%, mentres que as plantillas son un 3,2% inferiores, o que ratifica un incremento notable da súa competitividade.

Por tanto, a pesar do ruído, vaivéns ideolóxicos coyunturais ou detractores reacios aos cambios, a cultura da xestión empresarial comprometida co entorno, o medio ambiente e a honestidade, consolídase con forza. Atópase nun proceso dialéctico, con contradicións que se superan pouco a pouco pola vía dos feitos e que permite avanzar cara a unha economía máis responsable social e ambientalmente. E as empresas galegas xa están nese camiño, como reflicte o Atlas.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp