A UCO volve á carga con Pardo de Vera e pide á Audiencia Nacional investigar o seu patrimonio

A Garda Civil quere indagar se a expresidenta de Adif e Javier Herrero, ex director xeral de Estradas, recibiron contraprestacións polo seu papel de "facilitadores" no amañamento de contratos públicos do 'caso Koldo'.

La ex presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera (i), a su llegada a declarar como imputada por el ‘caso Koldo’ en la Audiencia Nacional (AN), a 21 de julio de 2025, en Madrid. - Jesús Hellín - Europa Press -

La ex presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera (i), a su llegada a declarar como imputada por el ‘caso Koldo’ en la Audiencia Nacional (AN), a 21 de julio de 2025, en Madrid. – Jesús Hellín – Europa Press –

O informe da UCO sobre o caso Koldo que saíu á luz este ano e que levou por diante ao ex secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, atribuía á galega Isabel Pardo de Vera un papel de “facilitadora” no axuste de contratos públicos. A investigación da unidade da Garda Civil, de feito, vía indicios de que a expresidenta de Adif tivera colaborado na manipulación de procesos de contratación por valor de máis de 340 millóns.

Entre eles estarían o proxecto de construción do soterramento da rede arterial ferroviaria da cidade de Murcia por importe de 158,8 millóns; a execución de obras do proxecto de construción da plataforma do corredor mediterráneo de alta velocidade Murcia-Almería no tramo Pulpí-Vera, por importe de 121,2 millóns; ou as obras de execución do proxecto de construción da integración do ferrocarril en Sant Feliu de Llobregat (Barcelona), por un importe inicial de 51,7 millóns. A UCO detectou indicios dunha posible colaboración de Pardo de Vera con Koldo García para favorecer a Acciona.

Agora, os investigadores queren indagar se a enxeñeira lucense recibiu a cambio algún tipo de contraprestación. Por iso, pediron ao xuíz que instrúe o caso na Audiencia Nacional permiso para investigar o patrimonio de Pardo de Vera e tamén do ex director xeral de Carreteras, Javier Herrero, quen, segundo a UCO, xogou un papel similar na trama. Ambos están imputados.

Estudo económico e tributario

Num oficio que desvela Europa Press, a UCO traslada esta petición ao xuíz Ismael Moreno. “Sendo Pardo de Vera e Herrero facilitadores de asistencia para as exitosas adxudicacións proxectadas, cada un dentro do seu ámbito de responsabilidade, resultaría imprescindible para o bo fin da investigación coñecer se puideron ser tamén receptores de calquera tipo de contraprestación, da natureza que fose”, di o escrito.

O movemento prodúcese porque os feitos investigados na causa, que tamén instrúe en paralelo o Tribunal Supremo polo aforamento do exministro José Luis Ábalos, “revelaron” que tanto o actual deputado do Grupo Mixto como o seu exasesor Koldo García “cobraron presuntas contraprestacións económicas polo seu labor en beneficio das construtoras”.

A UCO sinala que se atopa na fase de análise da información intervida nos rexistros do pasado xuño nos domicilios de ambos os investigados e de requerimentos ao Ministerio de Transportes e Adif. “E baixo a premisa de continuar na aclaración dos feitos investigados, devén necesaria a realización dun estudo económico/tributario dos dous investigados, que debe contextualizarse coa análise da documentación intervida nos últimos rexistros”, sosteñen.

Unha ducia de bancos

Para iso solicita ao xuíz instrutor que, se o considera oportuno, emita mandamentos xudiciais a unha ducia de bancos para que lle remitan información sobre catro contas de Pardo de Vera e unha trintena de Herrero, nas que “figuran ou figuraron como titulares, autorizados e/ou representantes”. A UCO pide excluir as contas bancarias relacionadas con Adif como entidade pública ou entidades relacionadas, así como unha da comunidade de propietarios “Villa Coral”, vinculada a Herrero e que, baixo o seu punto de vista, “carece de interese para a investigación”.

Do exdirector de Carreteras menciona que consta como autorizado en contas da sociedade Polis Project, S.R.L.U, “dedicada aos servizos técnicos de enxeñaría e outras actividades relacionadas co asesoramento técnico”, e como titular real da mercantil Palta Naturae S.L, “dedicada ao cultivo de froitos tropicais e subtropicais”.

Tamén pide que emita un mandamento á Axencia Tributaria para que aporte un informe sobre ambos “para o período comprendido entre os exercicios 2017 a 2024” que conteña as contas bancarias nas que figuran, movementos de diñeiro, bens inmobles tanto en España como no estranxeiro, relacións societarias, declaracións fiscais, doazóns ou se teñen caixas de seguridade alugadas.

Pardo de Vera desvinculouse da trama

Cando declararon o pasado 21 de xullo diante do xuíz da Audiencia Nacional, tanto Pardo de Vera como Herrero desligáronse dos presuntos axustes de obra. A expresidenta de Adif e ex secretaria de Estado de Transportes declarou que ningún mensaxe do que fora asesor de Ábalos tivo efecto nas adxudicacións da entidade pública ferroviaria e que se cumpriron todas as garantías. Pola súa banda, o exxefe de Carreteras asegurou que o exasesor lle preguntaba co obxectivo de ter informado ao ministro e negou que García puidera influír nas adxudicacións.

O xuíz deixa constancia da solicitude da UCO nunha providencia, coa que pide á Fiscalía que se pronuncie sobre as dilixencias pedidas cara a tomar unha decisión.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta