Ana Pontón clama contra o ‘lawfare’ e cre que condenaron «sen probas» ao fiscal García Ortiz.
"Se son capaces de condenar a un fiscal sen probas, que non farán con calquera cidadán de a pé", censurou a líder do BNG, que considera que a condena ao fiscal xeral do Estado "pone en risco á democracia".
Ana Pontón, voceira nacional do BNG
A voceira nacional do BNG ve a sombra do lawfare na condena contra Álvaro García Ortiz. Ana Pontón, cualificou de “moi escandaloso” o xuízo contra o fiscal xeral do Estado, que foi condenado a dous anos de inhabilitación por un delito de revelación de segredos pola filtración dun correo electrónico no que o avogado de Alberto González Amador (parella de Isabel Díaz Ayuso) recoñecía a comisión de dous delitos fiscais.
“Se son capaces de condenar a un fiscal sen probas, que non farán con calquera cidadán de a pé”, advertiu Pontón, que considera que se trata de “un caso de lawfare“. “Desgraciadamente non é o primeiro”, denunciou Pontón, que se mostrou “en alerta” ante a situación en España.
Ademais de criticar á xudicatura, Pontón censurou a actitude do PSOE. Ao seu xuízo, “cando este tipo de prácticas se aplicaba a outros sectores sociais, a outros movementos políticos, miraba para outro lado”.
“Parece moi grave que haxa togas que queiran facer política porque non aceptan os resultados das eleccións”, sinalou. Ao seu xuízo, “pone en risco á democracia” e por iso a posición do Bloque será, dixo, “sempre moi clara” en defensa da democracia e de “denuncia do lawfare“.