Soldos millonarios en Stellantis: Tavares levou 12 millóns, o dobre que Filosa, a pesar de estar fóra do grupo

O CEO do grupo automobilístico desde maio de 2025 recibiu unha retribución de 5,4 millóns de euros no exercicio no que a compañía perdeu 22.300 millóns polo axuste da súa estratexia de negocio.

Antonio Filosa y Carlos Tavares, actual y anterior consejero delegado de Stellantis

Antonio Filosa e Carlos Tavares, actual e anterior conselleiro delegado de Stellantis

Stellantis, o grupo dono da histórica factoría de Balaídos, en Vigo, pechou o exercicio 2025 con unha astronómica perda neta de 22.300 millóns de euros fronte aos beneficios de 5.520 millóns do exercicio anterior, unhas cifras vermellas que se deben aos reaxustes na súa estratexia de negocio. Un resultado que non foi impedimento para que os seus directivos percibisen remuneracións millonarias. Executivos e ilustres ex xa que Carlos Tavares, que presentou a súa dimisión en decembro de 2024, resultou ser o mellor pagado tamén o pasado ano. En total, levou uns 12 millóns de euros, máis do dobre que o actual conselleiro delegado, Antonio Filosa, que quedou con 5,4 millóns de euros.

Durante anos, o portugués Carlos Tavares foi un dos executivos europeos mellor pagados, con soldos que chegaron mesmo a xerar un debate a nivel político en Francia, país de orixe do grupo automobilístico. Foi en decembro de 2024 cando abandonou o cargo abruptamente, anticipándose á súa saída, prevista para 2026, tras un período de conflitos coa directiva da compañía derivado da estratexia adoptada polo CEO, que apostou por unha férrea dinámica de redución de custe, a caída no mercado americano e o vehículo eléctrico.

De feito, agora, argumentan que os seus abultadísimos números vermellos derivan de reaxustar a súa estratexia para levantar o pé do acelerador co vehículo eléctrico. Pero nin con iso Tavares se apea dos soldos multimillonarios.

A indemnización de Tavares

O 2024, ano no que se fixo efectiva a súa marcha, Tavares embolsou un soldo de 23 millóns de euros. Unha cifra galáctica, pero que estaba moi por debaixo dos 36,5 millóns que anotou en 2023. Pero, ademais, o grupo automobilístico e o que fora director executivo asinaron un acordo “de separación e liberación”, segundo indica a compañía na súa última memoria anual, consultada por Economía Dixital Galicia. Como consecuencia “o exdirectivo recibiu unha indemnización por despedimento equivalente a un ano de salario base, o pago dun fito avaliado do incentivo de transformación entre 2021 e 2024 e accións do incentivo de remuneración ao accionista”.

O salario base de Tavares estaba marcado en dous millóns de euros. Ademais, percibiu outros case 10 millóns máis polo chamado “incentivo de transformación”. En total, o pasado 2025 foi, de lonxe, o directivo que máis diñeiro cobrou en Stellantis, a pesar de non estar xa na plantilla.

O novo soldo de Filosa

De feito, o soldo de Tavares é máis do dobre do que embolsou Antonio Filosa, que foi nomeado conselleiro delegado do grupo en maio de 2025. Segundo o informe anual da compañía, que se deu a coñecer este mesmo venres, polo seu cargo como primeiro executivo recibiu unha retribución de 5,4 millóns de euros.

No informe anual de Stellantis correspondente ao exercicio 2024, o comité de remuneracións do grupo xa apuntaba que era consciente de que o tema dos soldos dos altos directivos na compañía era “complexo e delicado para os accionistas e as partes interesadas”.

De feito, tras a saída de Tavares, a compañía optou por reducir o soldo do conselleiro delegado. O salario base de Filosa marcouuse en 1,8 millóns de euros, uns 1,5 millóns de euros menos. Non obstante, tamén conta cun bono bruto anual en efectivo do 200% do salario base fixado a uns obxectivos e cunha indemnización de 1,2 millóns anuais ata o exercicio 2027 incluído.

Segundo os seus acordos, o incentivo anual a longo prazo do italiano podería chegar a un 500% do salario base e incrementarse a un 600% a partir de 2027 (estes pluses páganselles en forma de accións).

Un futuro millonario

Este ano, ou esta metade de ano como conselleiro delegado, saldouse cunha retribución en conxunto de 5,4 millóns de euros para Filosa. Con todo,  a partir do ano 2027 e se Filosa puidese cumprir o máximo dos obxectivos marcados por Stellantis, unha empresa que non parece sinxela, o seu soldo anual podería superar os 23 millóns de dólares.

Jonh Elkann, o presidente de Stellantis, embolsou por parte súa 2,45 millóns, por debaixo dos 2,8 millóns que percibiu en 2024.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp