Un proxecto de DomusVi, a Universidade de Vigo e Anfaco ‘pesca’ 2 millóns en fondos europeos

A Unión Europea concedeu 1,86 millóns de euros ao proxecto liderado por Bioga para optimizar e reforzar as cadeas de valor das algas nas costas atlánticas de España, Portugal, Francia e Irlanda.

Imagen de archivo de algas / Europa Press

Imagen de archivo de algas / Europa Press

Pellisco de 1,86 millóns para Galicia por un proxecto que busca optimizar e reforzar as cadeas de valor das microalgas e macroalgas das costas atlánticas de España, Portugal, Francia e Irlanda.

A Unión Europea concedeu estas axudas ao Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), que coordinará o proxecto Biochains Atlantic. “Este proxecto tratará de mellorar a competitividade das pemes, promover a innovación, dinamizar a cooperación entre rexións para consolidar oportunidades de mercado e favorecer un crecemento máis resiliente e sostible na área atlántica”, informa Bioga nun comunicado.

Bioga será a punta de lanza deste proxecto, no que se porá en marcha o mapeo de axentes implicados e desafíos reguladores, a creación de modelos dixitais para a xestión de recursos e axentes da cadea de valor, así como a validación de prototipos para sectores como a alimentación ou a cosmética.

Ademais de Bioga, que exercerá de socio coordinador, hai outros seis socios principais: Anfaco-Cytma (España), Glecex (España), Cataa (Portugal), WeDoTech (Portugal), Biotech Santé Bretagne (Francia) e Muster Tecnological University (Irlanda). Tamén se suman ao proxecto outros 11 asociados: Centro de Investigación Mariña (CIM) da Uvigo (España), DomusVi (España), Viratec (España), BlueBio Alliance (Portugal), InovCluster (Portugal), Cluster Algues Bretagne (Francia), Chambre Syndicale des Algues et Végétaux Marins (Francia), Algolesko (Francia), BIM Ireland’s Seafood Development Agency (Irlanda), Kerry County Council Economic (Irlanda) e Nutramara (Irlanda).

En paralelo, Bioga, presidido por José Manuel López Vilariño e que representa a máis de 130 actores do sector biotech galego, será un dos socios principais de Cliraqua, un proxecto cun orzamento de 1,96 millóns de euros, que coordinará o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC).

Ambos proxectos forman parte do programa Interreg Atlantic Area, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), que fomenta a cooperación entre rexións atlánticas. Estes proxectos axudarán a reforzar a resiliencia da acuicultura atlántica fronte ao cambio climático, buscando solucións tecnolóxicas baseadas nos ecosistemas.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta