Navantia Ferrol finaliza a montaxe do último bloque da fragata máis potente da Armada
A fragata F-111 'Bonifaz' é a primeira das cinco que o estaleiro prepara da serie F-110, que está chamada a ser "a punta de lanza da forza naval española".

Astillero de Navantia. Navantia
Navantia Ferrol rematou a montaxe do último bloque da fragata F-111 ‘Bonifaz’, a primeira das cinco novas que o estaleiro prepara para a Armada Española da serie F-110, que está chamada a ser “a punta de lança da forza naval española”
Con este fito, o buque está practicamente listo para a súa inminente botadura, prevista para o próximo mes de setembro, un dos fitos na construción de cada buque.
A fragata ‘Bonifaz’ forma parte do proceso de modernización da Armada, que substituirá ás fragatas da clase ‘Santa María’ (F-80). Estas novas embarcacións incorporarán tecnoloxías de última xeración en sistemas de combate, propulsión e habitabilidade, o que as converterá en buques multipropósito “capaces de operar en diversos escenarios”.
A montaxe deste último bloque representa a culminación de meses de traballo e un “avance significativo” no calendario de construción. A fragata, que permanece na gradada, e tras a botadura, dará paso á fase de equipamento e probas na auga.
Este proxecto, que conta cunha “importante participación” da industria auxiliar, non só garante a carga de traballo para Navantia Ferrol, senón que tamén sitúa a este estaleiro “á vangarda da construción naval”