Rueda celebra a inversión de SAIC: “Está chamada a transformar o futuro industrial de Galicia”

O presidente da Xunta considera que o investimento de SAIC Motor en Ferrol para a posta en marcha da súa primeira fábrica en solo europeo fará de Galicia “un dos polos de automoción máis importantes de Europa".

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; el vicepresidente de SAIC, Wu Bing; el presidente de la Xunta, Alfonso Rueda; la conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, y el alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, en el acto de recepción oficial de los primeros coches de MG en el puerto de Ferrol.

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; el vicepresidente de SAIC, Wu Bing; el presidente de la Xunta, Alfonso Rueda; la conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, y el alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, en el acto de recepción oficial de los primeros coches de MG en el puerto de Ferrol. Foto: Xunta

Alfonso Rueda estende a man a SAIC Motor ante o seu desembarco en Galicia. O líder da Xunta de Galicia presidiu este xoves o acto de recepción do primeiro buque portavehículos de SAIC Motor a través da súa filial loxística, Anji Logistics.

Durante a súa intervención, Rueda defendeu que se trata dun “día moi importante” e que “ten que ser o principio de moitas cousas para os próximos anos”. “É a primeira imaxe visible dun proxecto industrial de longo percorrido que está chamado a transformar o futuro industrial de Galicia”, destacou.

Acompañado do vicepresidente de SAIC Motor, Wu Bing, e autoridades como o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, ou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, Rueda asegurou que coa recepción deste primeiro barco “chega unha decisión de futuro para Galicia”.

Estes coches representan a vontade de crear unha relación duradeira entre unha das maiores empresas automobilísticas do mundo e Galicia, unha terra que abraza a industria e as súas oportunidades”, precisou.

O atractivo industrial de Galicia

Ao seu xuízo, “cando unha empresa do tamaño e da importancia de SAIC acaba decidíndose por desenvolver o seu proxecto en Galicia, esa decisión ten un enorme valor. Significa estabilidade, capacidade industriais, loxística e talento”.

“Estou seguro de que todo isto é o que buscou SAIC á hora de tomar esta decisión. Aquí facemos as cousas ben e co selo de Galicia Calidade. SAIC valorou que temos un porto exterior con capacidade para operar cos maiores barcos do mundo, experiencia industrial, capital humano, capacidade para formar a máis persoas e capacidades loxísticas”, reivindicou.

O mandatario autonómico agradeceu o trato recibido en China durante a viaxe institucional de abril na que se deu o paso case definitivo para asegurar esta inversión de 200 millóns de euros e puxo en valor o labor de dous nomes propios: a consignataria Pérez Torres e o equipo da conselleira María Jesús Lorenzana, “que traballaron e seguen traballando para que todo o que está por vir se faga realidade”.

Agradecemento ao Goberno central

Rueda destacou tamén a fluída colaboración coa administración central á hora de materializar esta inversión e puxo o foco na achega clave que suporá SAIC Motor á comarca de Ferrolterra. “Ferrol coñece como poucas cidades en Europa o valor e o significado da industria. Sabe o que supón telo e perdelo. É un proxecto para Ferrolterra, pero tamén para toda Galicia. Vai consolidarnos como un dos polos de automoción máis importantes de Europa”, subliñou.

Nesta liña, Rueda desvelou que desde o grupo chinés se valoraron “moitas alternativas” para a posta en marcha da súa primeira fábrica en Europa e que ao final decidiron por Galicia. “Podo asegurar que aquí van atopar o que decantou a súa decisión”, prometeu, antes de referirse ás capacidades industriais, loxísticas das que dispón a comunidade, así como á existencia de universidades e centros tecnolóxicos de primeiro nivel con profesionais altamente cualificados.

“Unha sociedade civil de Ferrolterra e Galicia que saben recibir e agradecer a quen veñen dispostos a investir. Aquí sentiranse moi a gusto. A Xunta fará todo o posible para que esta relación sexa duradeira e beneficiosa para ambas as dúas partes”, concluíu Alfonso Rueda.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp