A grande omertá política: corrupción sen castigo e oposición sen coraxe
Galicia non necesita máis maquillaxe, necesita cirurxía, unha operación a corazón aberto para desmantelar a rede clientelar, eliminar duplicidades, reformar de arriba abaixo a administración, e devolver á cidadanía o respecto polo esforzo, o mérito e a lei

El exsecretario de Organización del PSOE, Santos Cerdán, durante una sesión plenaria, en el Congreso de los Diputados. Alberto Ortega / Europa Press
¡Ei Tecnófilos!, ¿que está a pasar por aí?
Galicia atravesa un momento crítico. Non o digo nun ton catastrofista, afírmoo desde o máis crú realismo: estamos a vivir unha das etapas de maior degradación institucional desde a restauración democrática. O grave non é só a corrupción desatada do partido de goberno —con escándalos que salpican desde o entorno máis íntimo do presidente ata o propio tecido clientelar do Estado—, senón o silencio atronador que reina na sala cando alguén se atreve a pedir responsabilidades reais.
Estánnos a roubar, literalmente, á vista de todos. E non só diñeiro público. Estánnos a roubar a confianza no sistema, na xustiza, na política como ferramenta de transformación. Cada caso que estoura e se apaga entre fogos artificiais mediáticos e pactos de non agresión entre élites, arríncanos un anaco de esperanza.
E mentres tanto, ¿que fai a oposición? Pois o de sempre: cálculos, matices, enquisas. Nada de levantar alfombras, nada de esixir auditorías implacables, nada de rexeneración de verdade. Convertiron o centro político nunha zona de confort, onde se esquiva o conflito e se maquilla o discurso. E así non se combate nin a corrupción, nin a decadencia, nin o farto cidadán.
Galicia non necesita máis maquillaxe. Necesita cirurxía. Unha operación a corazón aberto para desmantelar a rede clientelar, eliminar duplicidades, reformar de arriba abaixo a administración, e devolver á cidadanía o respecto polo esforzo, o mérito e a lei.
E si, tamén necesita políticas liberais. Sen complexos. Necesita baixar impostos de verdade, eliminar trabas absurdas ao emprendemento, fomentar a inversión, protexer ao autónomo, ao empresario, ao que arrisca. Porque se seguimos penalizando ao que crea riqueza e premiando ao que a reparte a dedo, non é que imos ao abismo: é que xa estamos a caer e algúns aínda aplauden.
O problema non é só quen goberna. É quen non se atreve a gobernar con firmeza cando lle toca. A política española vive atrapada nunha gran omertá institucional, donde todos callan o que todos saben.
E nese silencio cómplice, o país afúndese.
A rexeneración non virá desde o hemiciclo. Virá desde a sociedade civil, desde os autónomos, desde os que crean valor a pesar do Estado, non grazas a el. Porque se seguimos esperando a que os partidos ventilen, o único que imos oler é o po acumulado dos anos de cobardía.
¡Volvédevos tecnolóxicos!