O home e a terra
Se algo puxeron de manifesto os devastadores lumes ocorridos nesta canícula de 2025 é que a cantidade fai a calidade. 400.000 hectáreas arrasadas, é dicir, 4.000 quilómetros cadrados pasto das lapas case en medio mes. Practicamente unha provincia como Pontevedra.

Una persona con su perro observa el incendio en Requeixo, a 11 de agosto de 2025, en Chandrexa de Queixa. Rosa Veiga / Europa Press
Dende 1974 ata 1981, Televisión Española, naquel momento non só a 1, senón a única, emitiu un sempre lembrado programa cuxo título se converteu nunha evidencia, “O home e a terra”. Dirixido e conducido polo médico Félix Samuel Rodríguez e da Fonte, foron 124 episodios no total divididos en tres series: Venezuela, Fauna Ibérica e Alaska.
Félix, o amigo dos animais
Como un erudito renacentista, en particular sobre a natureza, estudada con afán dende a súa máis temperá infancia, a serie estivo representada por un dedicado e predestinado estomatólogo de nome providencial, quen realizou as funcións de dirección, realización, elaborando ademais os guións, personificando a nova figura do naturalista amateur convertido en imprescindible referencia para unhas nacientes conciencias medioambientalistas. Polifacético e dotado dun gran carisma, con certas dotes esenciais para dar ben en cámara, proviña de manter xa unha longa e frutífera traxectoria como divulgador ambientalista, grazas a unha moi relevante proxección mediática. Cetrero de vocación e xa como experto ornitólogo, grazas ao apoio do popular xornalista Joaquín Soler Serrano facéndoo entrar nun programa de televisión con falcón peregrino en brazo, e grazas tamén á súa moi eloxiada capacidade para a oratoria e a prosodia, iníciase no ano 1966 unha colaboración do pioneiro ecoloxista coa televisión que derivará, co paso do tempo, en absoluta simbiose. A partir deste momento, a natureza en España, para o gran público, para sempre, terá xa nome e apelidos.
Ademais do seu interese pola paxararía, dende o ano 1965, mediante a cría de dous lobeznos salvados de morrer a mans do populacho, consegue convivir con lobos e converterse no macho alfa de varias manadas, con tanta identidade e repercusión, que comeza a divulgación da que consideraba a súa “verdade do lobo”. Eran tempos nos que, o temible por descoñecido cánido salvaxe era considerado un predador odiado, perseguido e acosado como inimigo número un no bosque, imaxe ancestral que conseguiu reverter, converténdose así no seu principal valedor, e, en consecuencia, de toda a natureza.
Natureza Disney
A labor de Félix como adalid e defensor dunha visión distinta do entorno natural, resultou inmensa e dunha trascendencia difícilmente mesurable. Tanto é así, que, cunha asombrosa visión profética, Félix presentou o 4 de marzo de 1980 un documento co hoxe sorprendente por avanzado título de “Estratexia mundial para a conservación dos recursos vivos e o logro dun desenvolvemento sostido”, proposta realizada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e os Recursos Naturais.
Hoxe en día, se o añorado conservacionista puidese levantar a cabeza desde o seu Burgos natal, tendo perdido a vida tras un malhadado accidente en Shaktoolik, Alaska, morrería outra vez, pero de pena. O seu legado, inconmensurable, veríase empañado polo modo como se está tratado á natureza, á terra, en definitiva. Ademais de ter conseguido que perdésemos de vista que os animais, por máis que nos empeñemos, non son persoas de catro ou dúas patas, incluso sen elas, todo iso “en plan Disney”, o noso respecto pola natureza, dende a época de Félix, baixou unha gran cantidade de enteros.
“Cando un bosque se queima…
Algo seu queima… señor Conde”. Este aserto do debuxante Jaume Perich foi o subtítulo do seu libro Autopista do ano 1971, e pasou ao acervo popular como un lema que se repetía como letanía todos os inicios do verán. Perich, irónico como sempre, mostraba con súa xenial afirmación, que o público e o privado non son realidades tan distintas; nin tan distantes.
Se algo puideron manifestar os devastadores incendios ocorridos nesta canícula de 2025 é que a cantidade fai a cualidade. 400.000 hectáreas arrasadas, é dicir, 4.000 quilómetros cadrados pasto das lapas case en medio mes. Traducido a un sistema métrico entendible por gráfico, e aplicándoo a Galicia, recordemos que a superficie de Pontevedra é de, practicamente, 4.500 quilómetros cadrados. É como se nos tivese calcinado unha provincia enteira, case.
E se tamén algo podemos contraponer, para a nosa desgraza, co legado de Félix Rodríguez da Fonte é a nosa actual desconsideración e falta de coidado práctico coa natureza. Dende que esta se atope rexida polos despachos de urbanitas descoñecedores dos intríngulis do campo, ata que a enxeñería forestal en Galicia importe menos que a ubicación de sedes da carreira de medicina, ou o noso xa ancestral desprezo por unha xestión eficiente do patrimonio natural, este desinterese manifesto nósbos aboca a repetir erros de bulto, hoxe e mañá. Iso si, mentres siga chovendo…