Besteiro reclama a gratuidade da AP-9 e das autoestradas da Xunta

O líder dos socialistas galegos pide "coherencia" á Xunta e que suprima os peaxes da AG-55 e da AG-57, ambas de titularidade autonómica e propiedade de Autoestradas de Galicia.

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en la visita al edificio de O Vello Cárcere de Lugo, a 28 de agosto de 2025

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en la visita al edificio de O Vello Cárcere de Lugo, a 28 de agosto de 2025. PSDEG-PSOE

O líder dos socialistas galegos considera que a xanela de oportunidade, aproveitando o prazo que vence esta semana en Bruxelas sobre a prórroga da concesión asinada no 2000 polo Goberno. “É un momento extraordinario para asumir ese pequeno gran salto ata chegar ao 100% das bonificacións, á gratuidade no territorio”, alegou, lembrando ademais que foron os gobernos socialistas os que puxeron en marcha o 50% e, despois, o 75% de desconto.

A continuación, Gómez Besteiro esixiu “coherencia e contundencia” ao presidente da Xunta. “Non pode reclamar a transferencia da AP-9 mentres mantén peaxes nas autoestradas que xa son da súa competencia. Primeiro hai que comprometerse coa gratuidade aquí, en Galicia, con todas as estradas”, defendeu, en referencia á AG-55 A Coruña-Carballo e a AG-57 Puxeiros-Val Miñor, propiedade de Autoestradas de Galicia.

Aínda que matizou que non renuncia á transferencia da vía, considera que onde hai que poñer o foco é na gratuidade, que é o que interesa á “inmensa maioría da cidadanía”. O líder socialista enmarcou esta reclamación dentro dunha semana “clave” para o transporte público, xa que este luns as comunidades autónomas deben responder ao Goberno sobre a súa incorporación ao novo plan estatal de mobilidade.

Ao seu xuízo, aceptar o plan permitiría “reducir tarifas, ampliar a mobilidade e mellorar un transporte que falla estrepitosamente en Galicia”.

A onda de incendios

En paralelo, o secretario xeral do PSdeG tamén se referiu á onda de incendios que asolou Galicia no mes de agosto. Ademais de enviar unha mensaxe de ánimo aos cinco brigadistas feridos no incendio de Barreiros, explicou que a prioridade inmediata debe ser “estar cos afectados”.

Por iso, apuntou, acompañou este domingo ás vítimas en San Vicente de Leira, para el “a zona cero da traxedia”. Xustificou así a súa ausencia na manifestación contra a política forestal da Xunta celebrada en Santiago. “Era onde tiña que estar onte porque o prioritario é a recuperación”, insistiu.

Besteiro lembrou que nesta parroquia arderon arredor de 120 vivendas e 90 inmobles e denunciou que a situación é “un exemplo claro dunha mala planificación forestal” e tamén dos problemas de comunicación e telecomunicacións derivados da desidia dos últimos 16 anos. “É un exemplo claro do abandono do rural por parte do Partido Popular”, afirmou.

Así mesmo, animou a toda a sociedade e en especial aos medios de comunicación, a non deixar que esta “traxedia” caia no esquecemento. “Que o fuxir das novas non nos leve a esquecernos dentro dun mes ou dous desta situación. Que non cese esa mirada ao rural porque todo nos debe levar a reflexionar sobre ese abandono”, instou.

O secretario xeral do PSdeG pon deberes á Xunta de Galicia en materia de infraestruturas. José Ramón Gómez Besteiro animou este luns a que Alfonso Rueda dé o “salto definitivo” en canto á xestión da AP-9: a súa gratuidade.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta