Facenda responde a Contas: “Os fondos europeos non poden ser analizados nun ano concreto por ser plurianuais”

A Consellería de Facenda defende que a Xunta "executou a totalidade dos recursos asignados nos programas 2014-2020 dos fondos estruturais, Feder e FSE, así como as partidas incluídas do fondo REACT-EU"

Miguel Corgos, conselleiro de Facenda, expone las lineas fundamentales de los Orzamentos 2025 / Xunta

Miguel Corgos, conselleiro de Facenda, expone las lineas fundamentales de los Orzamentos 2025 / Xunta

A Consellería de Facenda respondeu ao informe do Consello de Contas que insta á Xunta a concentrar esforzos para acelerar a execución dos Next Generation e indicou que os fondos europeos “non poden ser analizados nun ano concreto” debido ao seu carácter plurianual.

A execución da Xunta de fondos europeos atópase no 67,8% en 2023. De un total de 1.434,6 millóns de euros a gastar de forma plurianual, foron executados 973,2 millóns, unha cifra que descende a 790,5 millóns se se refire a pagos efectuados (55,1%), segundo o informe publicado por Contas este xoves. Ademais, urxe a “concentrar esforzos” nos Next Generation para aumentar o seu gasto ao finalizar o período a finais de 2026.

Sobre este informe, Facenda opina que a execución dun exercicio “non mostra o estado real de execución dos programas”.

Defende que a Xunta “executou a totalidade dos recursos asignados nos programas 2014-2020 dos fondos estructurais –Feder e FSE–, así como as partidas incluídas do fondo REACT-EU”. “A execución total destes programas, que se pecharán a finais de 2025, despois dos últimos controis sobre o gasto certificado, suporá o reembolso por parte da Unión Europea da totalidade dos fondos asignados nos programas rexionais de Galicia”, engade.

Así mesmo, subliña que o importe das operacións aprobadas polo Goberno galego nos programas do marco financeiro 2021-2027 “está no 63,1% dos recursos programados, toda vez que o período de elegibilidade finaliza o 31 de decembro de 2029″. O importe adxudicado ascende xa a case o 30% dos fondos asignados (29,2%).

En canto ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), apunta que, “malia diversos obstáculos, como a excesiva centralización e a falta de cogobernanza real do Goberno central coas comunidades, a Administración galega está levando a cabo unha xestión dilixente dos mesmos”. Señala un importe publicado de convocatorias de subvencións e licitacións que representa o 89% dos ingresos netos recibidos, “mentres que o importe adxudicado ascende a 1.368 millóns de euros, o 94% do publicado e o 84% dos ingresos netos”.

Tamén se queixa de que Galicia recibiu do Estado polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) un total de 38,6 millóns, “a menor cantidade desde o ano 2008, cando a comunidade recibiu 203 millóns de euros”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta