Rueda arremete contra a decisión do TSXG que anula un parque eólico: «Busca outro argumento para contradicir ao Supremo»
O presidente da Xunta considera que a decisión do Alto Tribunal galego "é difícil de entender" e ratificou que o Executivo autonómico recorrerá a sentenza.
 
				Alfonso Rueda – DAVID CABEZON @ XUNTA
Alfonso Rueda cualificou como “inexplicable” a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula un parque eólico en Mazaricos, A Coruña, por motivos ambientais. Trátase da primeira resolución tras o refrendo do Tribunal de Xustiza da UE (TJUE), que deu a razón ao Goberno galego na tramitación de proxectos renovables.
“Inexplicablemente busca outro argumento para seguir contradicindo o que dixo o Supremo e o que dixo o Tribunal europeo a requirimento do TSXG”. “É difícil de entender, imos recorrer”, ratificou o presidente da Xunta.
Por outra banda, sostivo que é o “único dos tribunais superiores que está seguindo ese criterio, está supoñendo que todas as oportunidades de enerxía renovable se están perdendo e que supoña un parón”, remarcou.
Ademais, Rueda manifestou que non pode entender “que siga ignorando e buscando novos argumentos para dicir o de sempre” fronte aos criterios do Tribunal Supremo e o europeo.
“As consecuencias desta situación son prexudiciais, as vantaxes están aproveitándoas noutros lugares”, lamentou o presidente da Xunta.
 
						 
						 
						 
						 
								