O PSOE elixe á alcaldesa de Burela como relevo de José Tomé na Deputación de Lugo.

O comité provincial do PSOE en Lugo propuxo a Carmela López como candidata á presidencia da Deputación de Lugo tras a dimisión de José Tome ao transcender acusacións de presunto acoso sexual.

La diputada socialista y alcaldesa de Burela Carmela López / PSdeG

A deputada socialista e alcaldesa de Burela Carmela López / PSdeG

A alcaldesa de Burela perfílase como nova presidenta da Deputación de Lugo. O comité provincial do PSOE propuxo á deputada e rexidora de Burela, Carmela López, como candidata á presidencia do ente despois de que José Tomé formalizase o pasado día 30 de decembro a súa dimisión do cargo ao transcender acusacións de suposto acoso sexual contra el.

O PSdeG deu a coñecer a noticia tras a reunión extraordinaria que celebrou o comité provincial. Nela abordouse a proposta formulada pola actual xestora do partido en Lugo -que asumiu a dirección cando Tomé tamén renunciou ao seu cargo de secretario provincial-.

Durante a sesión deste sábado, o comité ratificou a proposta por aclamación, de conformidade cos estatutos e cos procedementos internos establecidos polo partido. Agora, continuarán os trámites internos de cara á votación do próximo pleno provincial, previsto para o 14 de xaneiro.

Previamante, o acordo adoptado será remitido á comisión nacional de listas, que, á súa vez, emitirá un informe e o reenviará á súa homóloga federal para a súa aprobación definitiva, de acordo coas normas internas de elaboración e validación de candidaturas do PSOE.

A proposta definitiva será tomada pola comisión executiva federal e remitida ao PSOE de Lugo para a súa aplicación de cara ao pleno, conforme informa o partido.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp