O poder de facer as cousas ben

As mulleres que ocupan postos de liderado político comparten principios como a disciplina, a empatía e a capacidade de resposta

Dezasete alcaldesas españolas asinan na Coruña a Declaración de María Pita, selando o seu compromiso pola igualdade

Dezasete alcaldesas españolas asinan na Coruña a Declaración de María Pita, selando o seu compromiso pola igualdade

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Baixo este lema a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, convocou ás alcaldesas de municipios de máis de 100.000 habitantes e de capitais de provincia co obxectivo de reflexionar sobre o papel das mulleres no poder municipal.

Unha iniciativa que se celebra por primeira vez en España coa finalidade de centrar o debate da presencia da muller en postos de responsabilidade dende a perspectiva local e que servirá, entre outras aportacións, para poñer de manifesto que aínda queda moito camiño por recorrer dado que as mulleres alcaldesas non chegan ao 22% en España.

Dende o meu punto de vista as mulleres que ocupan postos de liderado político comparten principios como a disciplina, a empatía e a capacidade de resposta que lles permiten enfrontar de forma diferente situacións de crise e de excepcionalidade como a que vivimos recentemente como consecuencia da pandemia. Por ese motivo resulta de especial interese poder coñecer de primeira man as súas opinións e puntos de vista sobre os retos que superan cada día ao fronte das administracións máis próximas aos cidadáns, os concellos.

Os que cremos na igualdade real temos responsabilidade de contribuír a visibilizar o liderado feminino e seguir impulsando unha maior presencia de mulleres en todos os ámbitos da sociedade. De aí a oportunidade desta xornada que nos permitiu coñecer na Coruña a experiencia e as aportacións de alcaldesas de cidades de máis de 200.000 habitantes como Gijón, Hospitalet, Cartagena ou Sabadell, e tamén contamos coa participación das alcaldesas de Castellón, Alcorcón, Santa Coloma de Gramanet ou Baracaldo entre outras.

Tamén participaron na xornada outras mulleres relevantes na toma de decisións a nivel nacional como Isabel Rodríguez, Ministra de Política Territorial e Portavoz do Goberno; Ana Pastor, Vicepresidenta Segunda do Congreso; ou Carmen Calvo, presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso. Mulleres que teñen unha gran visibilidade no ámbito público e que contribúen coas súas reflexións, aportacións e actitudes a seguir impulsando a igualdade real en todos os ámbitos da sociedade.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp