Un novo espazo para a mocidade

O Remanso será un punto de encontro para as novas xeracións, unha nova alternativa de ocio deseñada pensando nos rapaces que ven a complementar as políticas de mocidade que está a desenvolver o goberno de Inés Rey

Edificio de O Remanso, inaugurado en A Coruña. Foto: Concello da Coruña

Edificio de O Remanso, inaugurado en A Coruña. Foto: Concello da Coruña

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

A mocidade da Coruña conta desde esta fin de semana cun novo espazo onde desenvolver actividades no seu tempo de lecer. Recuperamos o Remanso de Catro Camiños, pechado desde 2014, para crear un novo centro público para a cidade. Un espazo pensado para os mais mozos, especialmente para os rapaces entre 12 e 17 anos, aberto todos os días do ano e no que se lles ofrecerán actividades lúdicas, deportivas e culturais totalmente gratuítas, ideadas especialmente para eles. 

Pero é que ademais a apertura do Remanso supón a recuperación dun espazo emblemático da Coruña que contribuirá a dinamizar o barrio de Catro Camiños e tamén a propia cidade como xa ocorreu coa posta en marcha do proxecto Down Experience no quiosco da praza de Ourense e como ocorrerá en breve coa apertura de novo do Copacabana en Méndez Núñez. Espazos públicos recuperados e postos ao día para o uso e desfrute dos e das coruñesas. 

Un espazo para esa franxa de idade a que moitas veces se deixa de lado e que ten moito que aportar á sociedade. 

O Remanso será, pois, un punto de encontro para as novas xeracións, unha nova alternativa de ocio deseñada pensando nos rapaces que ven a complementar as políticas de mocidade que está a desenvolver o goberno de Inés Rey. Políticas que apostan pola creación de novos espazos deportivos como as pistas multideporte de Elviña e Labañou e a zona de calistenia de Jaime Hervada, pola descentralización do Centro Municipal de información xuvenil para chegar mellor a todos os barrios e por poñer en marcha programas específicos de lecer para mozos como Nocturnia e Nocturnia Neo. 

Hoxe temos un novo espazo para atender ás necesidades das rapazas e rapaces, e tamén un novo punto de encontro con eles para escoitar as súas ideas e impulsar as súas capacidades e talento. Un espazo para esa franxa de idade a que moitas veces se deixa de lado e que ten moito que aportar á sociedade. 

A cidade está en constante movemento e nós como goberno tamén e por ese motivo esta apertura anímanos a seguir traballando por unha Coruña mellor, máis próxima e con novos espazos abertos ao público a disposición de todos os seus cidadáns que axuden a mellorar a súa calidade de vida que é o noso principal obxectivo. 

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp