Inestabilidade política e freo á extrema dereita: a lectura do Eixo Atlántico das eleccións en Portugal

O secretario xeral considera que Portugal continuará na senda da inestabilidade que "comezou coa dimisión de Antonio Costa e o erro político de Marcelo Rebelo de Sousa" ao convocar eleccións en lugar de permitir que o Partido Socialista designase a un novo candidato.

Imagen de Xoan Vázquez, secretario general del Eixo Atlántico, quien explica a Economia Dígital Galicia que la Alta velocidad entre Galicia y Portugal continua siendo una prioridad para el Gobierno Luso

Xoán Vázquez, secretario general del Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico fai balance do resultado das eleccións municipais celebradas este domingo en Portugal nas que o Partido Social Demócrata (PSD) se alzou coa vitoria conseguindo ademais gañar en varias das principais cidades, entre elas, as dúas máis poboadas: Lisboa e Porto. “A primeira conclusión é que Portugal segue na senda de inestabilidade que se iniciou coa dimisión de Antonio Costa e o erro político de Marcelo Ravello de Sousa que, en vez de deixar que o Partido Socialista (PS) designara un novo candidato en base á maioría absoluta que conquistaran apenas un ano antes, decidiu disolver o parlamento e convocar eleccións”.

Así o apuntou o secretario xeral Xoan Vázquez Mao, en declaracións a Economía Digital Galicia, quen destacou que esa inestabilidade “lévase aos concellos”. “En Portugal, a diferenza de España, o alcalde elíxese directamente, pero os concelleiros non, elíxense igual que aquí”. Segundo apunta nos concellos lusos “fragmentouse moito a representación” desaparecendo a maior parte das maiorías absolutas. Isto provocou que “agora haxa cidades que van ser moi difíciles de gobernar”.

Vázquez puxo como exemplo a situación de Braga que, tras as eleccións, terá “tres concelleiros do centro dereita, tres do Partido Socialista, tres da lista independente, un dun partido de dereitas pequeno, Iniciativa Liberal, e outro da extrema dereita, algo que vai facer moi complicada a súa xestión”.

Freno da extrema dereita

A segunda das consecuencias da xornada electoral para o secretario xeral do Eixo é o “freno ao ascenso da extrema dereita”. O ultradereitista Chega, logrou por primeira vez o control de tres concellos en Portugal: Albufeira, no Algarve; São Vicente, en Madeira; e Entroncamento, ao norte de Lisboa.

“As expectativas que tiña a extrema dereita non se cumpriron, afortunadamente. En partidos como Chega ou como en España Vox é moi fácil presentar un candidato e unha imaxe a nivel nacional, pero é moi complicado conseguir pechar listas potentes a nivel de todas as cidades”.

Vázquez tamén destacou que “houbo poucos, pero algúns cambios son históricos”. Así, por exemplo, mencionou a Braganza que “pasou de ser un feudo do Partido Social Demócrata, é dicir, do centro dereita, ao Partido Socialista”. Pola súa parte, Guimarães, que “era un feudo do Partido Socialista”, pasou ao PSD, e Villanueva de Gaya, que “foi sempre un concello da dereita, logo pasou ao Partido Socialista e agora volve á dereita”.

“En todos os casos, o denominador común foron as crises e os enfrontamentos internos que en todas estas cidades tiveron os partidos no goberno e que lles pasaron factura”, subliñou.

Relación con Galicia

Vázquez Mao non augura cambios na relación entre Galicia e Portugal tras as eleccións. “O panorama político segue sendo todo PSD ou PS. Incluso Porto, que tiña un alcalde independente, agora pasa a ser un alcalde do PSD e, polo tanto, non se prevé ningún tipo de cambio respecto a Galicia e aos obxectivos e prioridades comúns”.

A pesar deles hai alcaldes “moi vinculados con Galicia”, como Ricardo Río (Braga), que deixan de estar ao fronte “por limitación de mandatos” e que, aínda que non vaia influír”, si vai ser unha “perda notable” pola súa personalidade e a súa estreita relación coa comunidade galega. “En termos xerais, non se prevé que cambie absolutamente nada”.

Comenta el artículo
Avatar
Sigue al autor

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta

SUSCRÍBETE A ECONOMÍA DIGITAL

Regístrate con tu email y recibe de forma totalmente gratuita las mejores informaciones de ECONOMÍA DIGITAL antes que el resto

También en nuestro canal de Whatsapp