Inestabilidade política e freo á extrema dereita: a lectura do Eixo Atlántico das eleccións en Portugal
O secretario xeral considera que Portugal continuará na senda da inestabilidade que "comezou coa dimisión de Antonio Costa e o erro político de Marcelo Rebelo de Sousa" ao convocar eleccións en lugar de permitir que o Partido Socialista designase a un novo candidato.

Xoán Vázquez, secretario general del Eixo Atlántico
O Eixo Atlántico fai balance do resultado das eleccións municipais celebradas este domingo en Portugal nas que o Partido Social Demócrata (PSD) se alzou coa vitoria conseguindo ademais gañar en varias das principais cidades, entre elas, as dúas máis poboadas: Lisboa e Porto. “A primeira conclusión é que Portugal segue na senda de inestabilidade que se iniciou coa dimisión de Antonio Costa e o erro político de Marcelo Ravello de Sousa que, en vez de deixar que o Partido Socialista (PS) designara un novo candidato en base á maioría absoluta que conquistaran apenas un ano antes, decidiu disolver o parlamento e convocar eleccións”.
Así o apuntou o secretario xeral Xoan Vázquez Mao, en declaracións a Economía Digital Galicia, quen destacou que esa inestabilidade “lévase aos concellos”. “En Portugal, a diferenza de España, o alcalde elíxese directamente, pero os concelleiros non, elíxense igual que aquí”. Segundo apunta nos concellos lusos “fragmentouse moito a representación” desaparecendo a maior parte das maiorías absolutas. Isto provocou que “agora haxa cidades que van ser moi difíciles de gobernar”.
Vázquez puxo como exemplo a situación de Braga que, tras as eleccións, terá “tres concelleiros do centro dereita, tres do Partido Socialista, tres da lista independente, un dun partido de dereitas pequeno, Iniciativa Liberal, e outro da extrema dereita, algo que vai facer moi complicada a súa xestión”.
Freno da extrema dereita
A segunda das consecuencias da xornada electoral para o secretario xeral do Eixo é o “freno ao ascenso da extrema dereita”. O ultradereitista Chega, logrou por primeira vez o control de tres concellos en Portugal: Albufeira, no Algarve; São Vicente, en Madeira; e Entroncamento, ao norte de Lisboa.
“As expectativas que tiña a extrema dereita non se cumpriron, afortunadamente. En partidos como Chega ou como en España Vox é moi fácil presentar un candidato e unha imaxe a nivel nacional, pero é moi complicado conseguir pechar listas potentes a nivel de todas as cidades”.
Vázquez tamén destacou que “houbo poucos, pero algúns cambios son históricos”. Así, por exemplo, mencionou a Braganza que “pasou de ser un feudo do Partido Social Demócrata, é dicir, do centro dereita, ao Partido Socialista”. Pola súa parte, Guimarães, que “era un feudo do Partido Socialista”, pasou ao PSD, e Villanueva de Gaya, que “foi sempre un concello da dereita, logo pasou ao Partido Socialista e agora volve á dereita”.
“En todos os casos, o denominador común foron as crises e os enfrontamentos internos que en todas estas cidades tiveron os partidos no goberno e que lles pasaron factura”, subliñou.
Relación con Galicia
Vázquez Mao non augura cambios na relación entre Galicia e Portugal tras as eleccións. “O panorama político segue sendo todo PSD ou PS. Incluso Porto, que tiña un alcalde independente, agora pasa a ser un alcalde do PSD e, polo tanto, non se prevé ningún tipo de cambio respecto a Galicia e aos obxectivos e prioridades comúns”.
A pesar deles hai alcaldes “moi vinculados con Galicia”, como Ricardo Río (Braga), que deixan de estar ao fronte “por limitación de mandatos” e que, aínda que non vaia influír”, si vai ser unha “perda notable” pola súa personalidade e a súa estreita relación coa comunidade galega. “En termos xerais, non se prevé que cambie absolutamente nada”.