Doce anos despois de Angrois: as vítimas denuncian que ninguén asumiu “a responsabilidade política”
“A pregunta que nos facemos é se a corrupción mata”, din desde a plataforma de afectados polo accidente ferroviario, ao mesmo tempo que apuntan a Pardo de Vera

Imagen de archivo de una protesta de la plataforma de víctimas del accidente ferroviario de Angrois
A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013 denuncian que 12 anos despois “o Estado non responde” nin asumiu “ningunha responsabilidade política” pola traxedia na que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas.
Varios integrantes da plataforma compareceron este xoves ante os medios de comunicación á entrada da estación de ferrocarril compostelá coincidindo co 12º aniversario do sinistro ferroviario.
Pardo de Vera
Na súa intervención, o presidente da asociación, Jesús Domínguez, apuntou a Isabel Pardo de Vera, quen no seu día foi directora de obra, entre outros tramos, dos accesos á capital galega, onde o 24 de xullo de 2013 descarrilou un tren Alvia.
Fai agora un ano, a xuíza determinou que, ademais do maquinista, o ex director de seguridade de Adif Andrés Cortabitarte tamén é culpable de 79 delitos de homicidio e 144 de lesións por imprudencia profesional grave.
“O Estado non responde e non se asumiu ningunha responsabilidade política”, criticou Domínguez, para quen “é moi triste” e “di moi pouco das institucións” tanto iso como que “o actual ministro Óscar Puente vaia pasar á historia” como o único ministro que non os recibiu, nunha actitude que cualifica de “pusilánime e covarde”.
“A corrupción mata”
Ademais, criticou que “aquí inaugurouse a nova estación e non hai nin unha placa nin un recordo ás vítimas, porque do que se trata é de esquecer para ocultar as responsabilidades que son claras”.
“A pregunta que nos facemos as vítimas é se a corrupción mata, porque quero lembrar que na entrada a Santiago estaba ao mando Pardo de Vera, que agora está imputada”, insistiu.
Con respecto, afirmou que o sistema de seguridade ‘ERTMS’ que tería evitado o accidente segundo recolle a sentenza xudicial “f…