Finsa, a maior madeireira galega, abandona o Clúster da Madeira.

A entidade leva tempo encaixando críticas das empresas por unha suposta falta de atención á segunda transformación e ao deseño; Finsa aliñouse coa Fundación Arume na súa posición sobre a moratoria do eucalipto, tamén discrepante respecto á do Clúster.

Junta directiva del Clúster da Madeira e o Deseño celebrada en las instalaciones de Finsa en 2023 / CMD

Junta directiva del Clúster da Madeira e o Deseño celebrada en las instalaciones de Finsa en 2023 / CMD

Finsa, o maior grupo madeireiro galego, abandonou o clúster de referencia do sector, que integra a máis de 50 empresas da cadea de valor. A saída da compañía do Clúster da Madeira e o Deseño prodúcese tras unha etapa de intenso debate sobre o futuro forestal de Galicia, azuzado polo advenimento de Altri, a moratoria do eucalipto, a demora do inventario continuo e o peso gañado por outras entidades, como a Fundación Arume.

Fontes empresariais vinculan a decisión de Finsa, que ten plantas en Santiago, Padrón, Ourense, Rábade, Caldas de Reis e Coirós, cunha suposta falta de atención por parte do Clúster á segunda transformación e ao deseño, que forman parte dos seus obxectivos estratéxicos. A entidade que preside José Manuel Iglesias tería recibido críticas internas por estes motivos, máis intensas desde hai un ano e procedentes sobre todo, aínda que non unicamente, do sector do contract e a carpintería industrial, segundo as mesmas fontes.

No Clúster da Madeira e do Deseño están presentes as grandes pasteras que operan en Galicia, incluídas Ence e as portuguesas Altri e Navigator, o maior grupo por volume de ingresos que forma parte da entidade. O segundo era, ata agora, Finsa.

A moratoria do eucalipto

A saída de Finsa do Clúster foi adiantada por Nós Diario, que vinculou a decisión da compañía ás discrepancias respecto á flexibilización da moratoria do eucalipto. A Xunta ampliou ata 2030 a prohibición das novas plantacións, aínda que engadiu dúas excepcións que permiten plantar para substituír eucaliptais xa existentes e en determinados terreos afectados pola banda marrón.

O clúster estaría a favor da posición de Medio Rural, considerando que unha prohibición total do eucalipto sería prexudicial, fronte á posibilidade de manter o veto establecido ata este ano, que defendeu, por exemplo, a Fundación Arume. Finsa está aliñada con esta última e forma parte do seu Padroado. O presidente de honra da fundación é José Carballo, un histórico directivo da compañía.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta