Stellantis negocia un ERTE para 90 empregados da súa planta de Balaídos
Dirección da empresa e sindicatos iniciaron o proceso de negociación dun ERE que "estará baseado na dobre voluntariedade e estenderá a súa vixencia para o ano 2026".
Liña de montaxe da fábrica de Stellantis en Vigo
Axuste laboral á vista en Stellantis. Empresa e sindicatos da planta de Balaídos iniciaron este martes o proceso de negociación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) voluntario para un máximo de 90 traballadores, segundo trasladaron fontes da factoría.
A multinacional informou de que ese proceso se iniciou “en resposta a unha petición social”, e lévase a cabo “por criterios organizativos”. “Este expediente estará baseado na dobre voluntariedade e estenderá a súa vixencia para o ano 2026”, segundo recolle a axencia Europa Press.
Este mesmo martes constituíuse a comisión negociadora, e acordouse un calendario de traballo, de xeito que a próxima reunión terá lugar este venres, 27 de marzo.