“Coa pata [social] quebrada”

O IX Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en España (2025) advirte que a exclusión social converteuse nunha realidade estrutural e difícil de reverter se non se abordan as causas profundas do actual modelo económico e social.

Un grupo de voluntarios participa en un reparto de alimentos a personas en situación de pobreza

Un grupo de voluntarios participa en un reparto de alimentos a personas en situación de pobreza. EFE/Cati Cladera – Archivo

Aínda que pareza o colmo, non fai falta ir ao cuadrilátero da política para constatar o abrupto da paisaxe e a situación de fractura social na que vivimos. Incluso, segundo a información que acaba de publicarse, oxalá que o peor fosen as disputas e diferenzas que se producen no Parlamento, no Congreso ou no Senado.

O IX Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en España (2025) ofrece unha radiografía nítida e preocupante do país, e as súas conclusións resoan tamén en Galicia. Tanto a nivel nacional como nunha comunidade como a nosa —marcada pola despoboación, o envellecemento e a precariedade laboral—, o estudo advirte que a exclusión social converteuse nunha realidade estrutural e difícil de reverter se non se abordan as causas profundas do actual modelo económico e social.

Segundo os datos recollidos —cada cinco anos— en Fomento de Estudios Sociais e Socioloxía Aplicada (FOESSA), actualmente, nun de cada cinco fogares galegos (20%) vive en situación de exclusión social (23,2 % en España), e noutro 8 % en exclusión severa (9 % a nivel nacional). O que, traducido a persoas, supón o 12,7% da poboación galega excluída socialmente (18,7% en España) e un 6,2 % de galegos moi excluídos (8,8 % no conxunto nacional).

En total, máis de 10 millóns de persoas en España —sobre todo en Andalucía— viven á marxe tanto no económico como no social, o político e o cultural. É dicir, sen un emprego digno, ingresos suficientes, unha vivenda adecuada, sen participar na vida social e comunitaria, sen unha educación e sanidade de calidade e sen poder exercer os seus dereitos e deberes cidadáns en igualdade de condicións. O que reflicte unha realidade persistente: a recuperación económica posterior á pandemia non alcanzou a todos. Como sinala o informe, “España acostumouse a convivir coa desigualdade”, e Galicia non é unha excepción.

Para comezar, no concernente ao traballo —historicamente visto como o principal mecanismo de integración social—, perdeu esa función en amplos sectores da sociedade galega. FOESSA subliña que o 30 % dos traballadores galegos atópanse en risco de pobreza ou exclusión, a pesar de ter un emprego (o 28,7 % das persoas ocupadas en España). Trátase dos chamados “traballadores pobres”, atrapados entre a temporalidade, os salarios baixos e a falta de estabilidade.

A estrutura produtiva galega —baseada no comercio, o turismo, a hostalería e unha industria en retroceso— explica en parte esta situación. A iso súmase un mercado laboral dual, no que os contratos indefinidos e os empregos de calidade concéntranse en determinadas áreas urbanas (A Coruña, Vigo, Santiago); mentres que o interior e as comarcas rurais acumulan precariedade e desemprego.

Neste contexto, a socioloxía do traballo advirte dun cambio de paradigma: xa non basta con traballar para escapar da pobreza. A función integradora do emprego dilúese e, con ela, debílase o tecido comunitario.

Á vez, o informe FOESSA identifica a vivenda como un dos factores máis determinantes na exclusión social. En Galicia, a paradoxa é evidente: nunha comunidade con amplas zonas rurais e unha poboación decrecente, o acceso a unha vivenda digna e accesible segue sendo un problema crecente, sobre todo nas áreas urbanas e costeiras.

O incremento do aluguer, impulsado pola turistificación e a especulación, está expulsando dos centros urbanos a mozos e familias con baixos ingresos. En cidades como Vigo ou A Coruña, máis do 35 % dos fogares mozos (de menos de 35 anos) destinan máis do 40 % dos seus ingresos ao aluguer. Un limiar considerado de sobreendebedamento pola UE; sendo que en cidades como Madrid, Barcelona, Málaga ou Valencia este porcentaxe supera o 45 %.

A súa vez, a falta de vivenda pública —apenas un 1,2% do parque total en Galicia, similar ao porcentaxe nacional— limita as opcións de quen se atopa en exclusión ou risco de perder o seu fogar. Situación que contrasta coa dos Países Baixos (30 % de vivenda pública), Austria (24 %) ou Francia (17 %).

En palabras de FOESSA, “a vivenda converteuse no principal eixe de desigualdade material en España”. En Galicia, ademais, esta crise habitacional entrelázase coa despoboación interior, xerando un mapa dual: urbes tensionadas e aldeas baleiras.

O informe tamén dedica especial atención á brecha xeracional, unha das fracturas sociais máis profundas do presente. En Galicia, os mozos sofren con especial intensidade as consecuencias do desemprego, a emigración e a falta de expectativas vitais. Máis do 40% dos menores de 35 anos atópanse en situación de exclusión ou precariedade. No conxunto de España, supoñen o 37,2 %; o dobre que no conxunto da poboación (18,7 %), segundo o informe, debido a factores estruturais: altas taxas de temporalidade (máis do 50 % dos contratos en menores de 30 anos); salarios baixos e discontinuos (con ingresos medios inferiores ao 60 % da media nacional); e dificultade extrema de emancipación (como no caso da vivenda).

Esta “xuventude sen horizonte”, como a denomina FOESSA, vive atrapada entre a sobrecualificación e a inestabilidade. Moitos mozos formados emigran ante a falta de oportunidades, o que alimenta o envellecemento demográfico e priva á rexión do seu capital humano máis valioso. Desde un punto de vista sociolóxico, esta dinámica erosiona a cohesión interxeracional e a confianza no futuro colectivo.

Polo que o modelo de protección social español, aínda que avanzado, mostra signos de esgotamento. FOESSA advirte que o Estado do Benestar xa non logra compensar as desigualdades xeradas polo mercado, e que a pobreza e a exclusión cronifícanse mesmo entre quen reciben axudas públicas.

En Galicia, a dependencia das transferencias estatais e europeas non sempre se traduce en melloras estruturais. Os programas de inclusión autonómicos —como a RISGA— cumpren unha función paliativa, pero carecen da capacidade transformadora que require a nova realidade social. A desigualdade territorial amplíase, e as brechas entre provincias e entre o rural e as áreas metropolitanas consolidanse.

Desde unha perspectiva político-económica, isto reflicte un debilitamento do contrato social: nin o Estado nin a Autonomía garanten seguridade e estabilidade como antes. En palabras do informe, “a cidadanía percibe que a igualdade de oportunidades desvanece, mentres a exclusión se herda”.

O IX Informe FOESSA plantexa unha folla de ruta para reverter estas tendencias. Propón un modelo centrado na sostibilidade da vida e na rexeneración do vínculo social; antes que no paradigma do crecemento económico a calquera prezo. A clave está en reconstruír a confianza, fortalecer os servizos públicos e repensar as políticas fiscais, laborais e habitacionais desde unha lóxica de xustiza redistributiva.

En Galicia, este cambio implica reforzar o emprego de calidade, impulsar a rehabilitación do rural, aumentar o investimento en vivenda pública e apoiar a economía de coidados, un sector con un enorme potencial. A cohesión social non se decreta, senón que se constrúe a través de políticas que devolvan dignidade e seguridade a quen vive nos marxes sociais.

FOESSA conclúe con unha advertencia que debería resonar en todas as institucións: unha sociedade que normaliza a exclusión é unha sociedade en risco de fractura moral, social e política. Galicia, como microcosmos de España, atópase nese punto de inflexión. Apostar pola equidade e a inclusión non é só unha cuestión ética, senón unha estratexia de supervivencia colectiva; para non vivir, especialmente os mozos, “coa pata [social] quebrada”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta