Ana Pontón critica desde Xilonor, a empresa impulsada por Finsa e Goiriz, a moratoria ‘fake’ do eucalipto.

A voceira nacional do BNG defende un monte multifuncional, solicita unha moratoria indefinida do eucalipto e avanza un conxunto de propostas para impulsar a construción industrializada con madeira de calidade.

Ana Pontón visita las instalaciones de Xilonor en Coirós

Ana Pontón visita as instalacións de Xilonor en Coirós.

En un momento de debate no sector forestal sobre a moratoria do eucalipto e sobre o futuro que debuxan os datos do Inventario Forestal Continuo, a voceira nacional do BNG visitou a planta de Xilonor en Coirós (A Coruña), unha empresa pioneira na fabricación de CLT (madeira contralaminada) a partir de piñeiro galego para o seu uso na construción. Desde alí, Ana Pontón defendeu unha moratoria “indefinida” do eucalipto, co obxectivo, segundo destacou, de articular un monte “multifuncional”.

Considera que Xilonor, impulsada por Finsa e Goiriz, representa o modelo que precisa o país e ela está disposta a poñer o seu gran de area. Avanzou que o BNG presentará unha batería de propostas para impulsar a construción industrializada con madeira “de calidade”. Considera Pontón que a política industrial debe asentarse no I+D+i e pechar ciclos produtivos, que xeren valor engadido e sexan “sostibles co medio ambiente e co territorio”.

Por iso destacou o carácter innovador de Xilonor e a súa aposta pola transformación de piñeiro producido en Galicia e pola introdución de novos produtos no mercado. “Mostra o camiño que ten que seguir o noso país, que aposta por fixar poboación no rural, por aproveitar a innovación e o deseño e por un modelo de industria no que acreditamos desde o BNG”, afirmou.

Madeira para a vivenda pública

O BNG propón que o Instituto Galego de Vivenda e Solo aposte por que “en todas as construcións e rehabilitacións que se fagan desde o ámbito público se chegue a ese 20% de construción en madeira“. Tamén aboga por introducir cláusulas de sostibilidade e de redución da pegada de carbono e, por último, propón un plan de innovación, coa participación das universidades e o Colexio de Arquitectos “que posibilite un maior coñecemento sobre as vantaxes do uso da madeira e que permita mellorar a formación dos profesionais”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta