O Goberno promete novas competencias para Galicia en 2026.

O secretario de Estado de Política Territorial insta á Xunta a "non caer nas trampas da ultradereita" en materia migratoria.

El secretario de Estado de Política Territorial, Arcadi España, ofrece declaraciones a la prensa tras la reunión con el sector de los ascensores, en la sede de la Federación Empresarial Metalúrgica Valenciana (FEMEVAL), a 20 de junio de 2025, en Valencia, Comunidad Valenciana (España). Este encuentro se da para tratar la reciente modificación de la normativa de los elevadores en la zona afectada por la dana. Eduardo Manzana / Europa Press 20 JUNIO 2025;ASCENCOVAL 20/6/2025

(Foto de ARCHIVO) El secretario de Estado de Política Territorial, Arcadi España, en una foto de archivo en Valencia. Foto: Eduardo Manzana / Europa Press 20/6/2025

O secretario de Estado de Política Territorial, Arcadi España, asegurou este domingo que confía en que Galicia contará con novas competencias no ano 2026. En concreto, referiuse á transferencia á administración autonómica das competencias de aeródromos e permisos de traballo a estranxeiros.

Precisamos uns meses de traballo, ir aproximando a valoración económica, o custo dos servizos, o persoal que se transfire, pero eu creo que poderiamos telo en uns cantos meses”, destacou nunha entrevista á Cadena Ser recollida por Europa Press.

Competencias de Meteoroloxía, máis lonxe

Todo iso despois de que esta mesma semana mantivera unha reunión co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, un encontro no que tamén participou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, así como outros representantes da Xunta e o Executivo que dirixe Pedro Sánchez.

En canto a competencias en Meteoroloxía, insistiu en que o que hai que facer é “garantir o bo funcionamento dos servizos públicos” e lembrou que o que teñen outras comunidades autónomas son convenios de colaboración.

Traspaso da AP-9

Preguntado por un posible traspaso da AP-9, España insistiu en que hai que avaliar os custos e fixo fincapé en que o Goberno central “non quedou parado, senón que fixo unha política de bonificacións que benefician a moitísimos galegos no seu día a día”.

Sobre a decisión do Goberno de interpoñer un recurso ante o Tribunal Constitucional sobre preceptos da lei de medidas que acompañou aos orzamentos autonómicos de 2025, quitou importancia a esta decisión e sinalou que, desde que Pedro Sánchez é presidente do Goberno, “a conflictividade co conxunto de comunidades autónomas baixou un 60% e chegáronse a moitos máis acordos que nas etapas anteriores do Partido Popular”.

Centro de menores migrantes

Durante a entrevista, o secretario de Estado cargou contra a postura do Goberno galego sobre a acollida de menores non acompañados e instou ao Executivo de Rueda a “non caer nas trampas da ultradereita” e a “ser solidario cos territorios que teñen unha maior saturación e cos menores”.

“Estamos falando de nenos e nenas que veñen sen os seus pais a outros territorios e que chegan desamparados absolutamente. Que ten que facer un país decente cando chegan así fuxindo dunha guerra? Ten a obriga internacional e moral de acollelos”, afirmou.

Consultado sobre o futuro centro de menores migrantes en Monforte de Lemos (Lugo) impulsado pola Xunta, pediu ao Goberno galego que sexa “prudente” e que “o faga ben, sendo moi pedagóxico”.

Tamén lembrou que cando se iniciou a guerra en Ucraína e houbo desprazamentos forzosos “non houbo absolutamente ningún problema nin ningunha polémica”, senón que “todas as administracións axudaron”, polo que sinalou que “a única diferenza entre un menor de Ucraína que fuxe dunha guerra e un menor de Mali que fuxe dunha guerra é a cor da pel”.

Críticas ao PP

Preguntado sobre se o goberno que preside Alfonso Rueda está sendo “tutelado” polo líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, o secretario de Estado asegurou que “non sabe se por Feijóo ou por Ayuso” e confesou estar “perdido” sobre “cantos Partidos Populares hai”.

“A acción maioritaria parece que a ten a señora Ayuso. Ás veces é difícil distinguir ao PP de Vox, parece que se queren parecer máis a Vox, sobre todo en temas como a inmigración. Preocúpame esa deriva”, asegurou.

Sobre a “tensión” entre Xunta e Goberno central durante a onda de incendios deste verán e agora nos traballos de recuperación, España subliñou que “a algunhas comunidades autónomas colleunas por sorpresa o cambio climático”.

“Non fixeron os deberes á hora de reforzar os seus servizos e atopáronse desbordadas nalgúns casos e, por iso, solicitaron que actuase a UME. Algunhas preferiron politizar para esconder algún ámbito de incompetencia”, afirmou.

Neste sentido, incidiu en que “nunca viu que o presidente Sánchez quixera confrontar” e denunciou que “moitos bulos foron provocados por determinadas institucións”. Con todo, mostrouse convencido de que este Goberno esgotará a lexislatura porque, tal e como sinalou, “a crispación é asimétrica”.

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta