O Goberno responde á Xunta e nega que a plataforma de eólica mariña de Langosteira estea paralizada.

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, sinala que o proxecto "vaise facer" e di á Xunta que "teña absoluta seguridade" porque "están traballando ao seu lado".

Punta Langosteira

Imagen del Puerto Exterior de A Coruña en Punta Langosteira

Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, negou que a plataforma experimental de eólica mariña de Langosteira, en Arteixo (A Coruña) estea “paralizada”. “Estase facendo, vai facerse, que a Xunta teña absoluta seguridade porque traballamos ao seu lado, estamos na mesma onda”.

Así o apuntou Blanco este venres en resposta a preguntas dos xornalistas sobre o asunto tras ter denunciado o Executivo autonómico  “agravio comparativo” deste proxecto respecto a outras comunidades.

“Non é momento de plantexarse se van a unha velocidade ou a outra, estamos apostando directamente pola enerxía eólica e levarase adiante”, insistiu.

Fixoo tras apuntar que “a diferenza de outros sitios, en Punta Langosteira estáse terminando a conexión ferroviaria” e por este motivo “non traballa en canto a tempos igual”.

As críticas da Xunta

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, denunciou este xoves na súa comparecencia na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento o desdén e as discriminacións do Goberno central con Galicia.

Fernández Vila lembrou que o Executivo autonómico anunciou en 2022 a instalación da plataforma que estaría ubicada a uns 10 quilómetros do porto exterior de A Coruña para o testeo e experimentación de prototipos relacionados coa tecnoloxía eólica mariña flotante e tamén para a realización de estudos relacionados co medio mariño e a biodiversidade.

Tamén lembrou o apoio explícito do Goberno central a unha iniciativa que cualificou como «fundamental» nun primeiro momento e que posteriormente descartou argumentando «que era unha zona de importancia para as aves» cando non estaba cualificada como tal.

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas subliñou os «agravios comparativos» do Goberno central, en alusión aos apoios do Estado ás plataformas experimentais do País Vasco e Cataluña, ambas emprazadas en zonas de especial protección. «Para o Goberno central, Galicia non é unha prioridade -lamentou- os galegos somos cidadáns de terceira categoría, pero a Xunta de Galicia e o Goberno autonómico non teñan dúbidas que seguirán defendendo a todos os galegos e galegas».

Historias como esta, en su bandeja de entrada cada mañana.

O apúntese a nuestro  canal de Whatsapp

Deixa unha resposta