O porto é dos coruñeses

Todos temos a responsabilidade de construír solucións, mais a intención por parte da Administración autonómica de facerse cun 51% do porto non estaba planteada con esa vocación

El presidente del Puerto de A Coruña, Martín Fernández Prado, la alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y el delegado de la Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, en la apertura del muelle de trasatlánticos. - XUNTA

El presidente del Puerto de A Coruña, Martín Fernández Prado, la alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y el delegado de la Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, en la apertura del muelle de trasatlánticos. – XUNTA

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Os representantes públicos teñen a obriga de buscar solucións aos problemas, non de crealos. A proposta feita pola Xunta para os peiraos de Batería e Calvo Sotelo do porto da Coruña buscaba crear un problema, a un Goberno, mais non tiña vontade algunha de solución. Dentro da lealdade institucional, todos temos a responsabilidade de construír solucións, mais a intención por parte da Administración autonómica de facerse cun 51% do porto non estaba planteada con esa vocación.  

Inés Rey, deixou claro que, mentres ela sexa alcaldesa, o porto seguirá a ser única e exclusivamente dos coruñeses e, polo tanto, non poderá ser tratado coma un soar. O que teñen que facer as Administracións con recursos suficientes é axudar, e non buscar o xeito de quedarse coa maior porción do pastel. A Xunta xa o ten feito, antes, cando transferiu, ao Concello da Coruña, 12 millóns de euros para a construción do túnel da Marina. Certo que entón na Coruña gobernaba outra cor política en liña con San Caetano. Mais terá que ser a Xunta a que lle explique aos coruñeses por que antes si se podía e agora non se pode axudar.

Se a Xunta se avén a traballar da man co Concello e con responsabilidade, a solución para será máis sinxela

A única forma de avanzar no futuro dos peiraos é con lealdade e sen ruído. A Xunta debería volver á folla de ruta trazada o 23F por Inés Rey. O Goberno municipal da Coruña está aberto a falar de todo, está aberto a buscar e a aportar solucións, e ten a sensibilidade para entender os problemas doutras administracións e organismos públicos, nomeadamente da Autoridade Portuaria. Os resultados das xestións da alcaldesa están aí: a Autoridade Portuaria ten unha moratoria ata o 2035 para o pago da débeda e o tren a Langosteira está encamiñado.

Se a Xunta se avén a traballar da man co Concello e con responsabilidade, a solución para o que resta será máis sinxela. Ten moitas formas de arrimar o ombreiro, mais ningunha delas pasa por tentar sacar tallada da situación. Coa intención de quedarse co 51% do Porto repite o mesmo erro que xa cometera no 2018 cando deixaron ao Concello fora do deseño do futuro dos peiraos e xa sabemos como acabou entón: co proxecto para o porto bloqueado.

Os coruñeses teñen demostrado unha inmensa xenerosidade coa Xunta. Cando demandou solo e fondos municipais para o novo hospital, non dubidamos, e o Concello ofreceu 26 millóns e parcelas municipais. E o fixo sen pedirlle á Xunta o 51% do CHUAC. Sen pedir nada a cambio. Agardamos, porque é de xustiza, a mesma reciprocidade. E agardamos que quede clara unha premisa esencial para o futuro e que deixou clara a alcaldesa da cidade: o porto é dos coruñeses. E a partir de esa premisa, podemos empezar a falar de novo. 

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp