Sumar para avanzar

O Partido Socialista de Galicia ten a oportunidade de recuperar a ilusión, o orgullo e a esperanza de ser a alternativa política en Galicia apostando por Valentín González Formoso

Valentín González Formoso es candidato a secretario xeral del PSdeG

Valentín González Formoso es candidato a secretario xeral del PSdeG

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

O Partido Socialista de Galicia ten a oportunidade de recuperar a ilusión, o orgullo e a esperanza de ser a alternativa política en Galicia apostando por Valentín Formoso o vindeiro sábado.  

O congreso federal do PSOE en Valencia sentou as bases sobre as que debemos traballar: a unidade e reactivación do ideario socialista. E iso só se pode facer sumando e integrando, fortalecéndonos como partido.

Apostar por Valentín significa facelo por un PSdeG que non cave trincheiras entre os seus militantes

O PSOE foi sempre o partido dos dereitos, das liberdades e dos avances. Temos unha oportunidade única co goberno de Pedro Sánchez en Madrid, con 3 deputacións en Galicia, con máis de 100 alcaldías socialistas e co traballo de moitos e moitas militantes que, desde a oposición, levan a nosa voz a todos os concellos de Galicia. Por iso, o PSdeG non pode resignarse a ser o furgón de cola da política galega. Temos que ter a ambición de gañar as eleccións en Galicia para transformar a vida das persoas.

Chegou o momento de sumar. Sumar para avanzar. Facer un partido forte no que todos e todas podan aportar. Chegou o momento de fortalecer o partido e de recuperar o pulso da sociedade. 

Apostar por Valentín significa facelo por un PSdeG que teña discurso, que aborde os temas de país, que non cave trincheiras entre os seus militantes, que teña amplitude de miras, que conte con toda a militancia e que constrúa un PSdeG en positivo. Que sume dentro para gañar fóra.

Temos que escoller entre a resignación e a ilusión,  entre o inmobilismo e a esperanza

Os socialistas xogámonos moito nestas primarias. Temos que escoller entre a resignación e a ilusión,  entre o inmobilismo e a esperanza de que se pode construír unha alternativa ao goberno de Feijóo. Temos que escoller entre continuar a ser irrelevantes no Parlamento de Galicia ou colocar ao PSdeG no lugar que merece. Entre restar ou sumar para que Galicia avance.

O PSOE ten demostrado ao longo da súa historia a súa capacidade de renovarse, de adaptarse ás necesidades históricas que lle tocou vivir. É hora de renovarse en Galicia para volver a ser protagonistas, para poder ser alternativa ao goberno do PP.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp