Tres Gobernos para 40 anos de progreso

Coa vitoria de Felipe González no 1982 abriuse un novo tempo de progreso que marcaba o inicio da transformación de España nun país moderno, aberto e referente en avances sociais

Felipe González, expresidente del Gobierno de España

Felipe González, expresidente del Gobierno de España. EFE/Enrique García Medina

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Coa vitoria de Felipe González no 1982 abriuse en España un novo tempo de progreso. Por primeira vez na historia da democracia, o Partido Socialista gañaba unhas eleccións con maioría absoluta. Unha vitoria nas urnas que marcaba o inicio da transformación de España nun país moderno, aberto e referente en avances sociais.

Basta con revisar estes últimos 40 anos para constatar cales foron os gobernos que fixeron avanzar o noso país, consolidando o estado de benestar e situando á España na vangarda europea. Ninguén pode discutir que o fixemos cos gobernos de Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero, e o facemos agora con Pedro Sánchez, liderando propostas económicas e sociais que son hoxe modelo para Europa.

Todos os gobernos socialistas conquistaron novos dereitos para a sociedade

A historia do PSOE está ligada á modernización de España, todos os gobernos socialistas fixeron avanzar o noso país en materia de igualdade e xustiza social. Todos os gobernos socialistas conquistaron novos dereitos para a sociedade, dende universalización da sanidade, as pensións, a despenalización do aborto ou a extensión do sistema universitario con González, a implantación do matrimonio igualitario, a lei integral contra a violencia de xénero e lei de dependencia con Zapatero ou a lei da eutanasia e a do cambio climático con Sánchez, só algúns exemplos dos avances sociais que nos converteron no modelo de país progresista e de futuro que somos hoxe.

Un modelo, por certo, que nunca atopou no Partido Popular un aliado, senón un inimigo, situándose enfronte de todos e cada un dos principais fitos históricos en materia social conseguidos polo noso país.

Tamén foi así en Galicia. O Presidente Touriño levou a cabo avances sociais incrementando o gasto educativo nun 20% e o sanitario nun 30%, da mesma maneira que apostou polas escolas infantís ou pola gratuidade dos libros de texto para todas as familias. Unha medida pioneira que tamén o PP de Feijóo derogou coa súa chegada á Xunta de Galicia no 2009.

Celebramos agora corenta anos de progreso. Reivindicando con orgullo os grandes fitos históricos acadados polos tres Gobernos socialistas. Tres Gobernos para corenta anos de democracia, vangarda e progreso.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp