Un agasallo envelenado

Yolanda Díaz, na teima de traballar a súa marca, está a provocar que a negociación colectiva e a competitividade de España corra o risco de desaparecer da acción diaria

La ministra de Trabajo y vicepresidenta segunda del Gobierno, Yolanda Díaz

La ministra de Trabajo y vicepresidenta segunda del Gobierno, Yolanda Díaz. EFE / Javier Lopez

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

As relacións laborais en España edifícanse sobre o alicerce da negociación colectiva. O valor dos sindicatos e a súa potencia de representación e influenza é intrinsecamente proporcional á súa capacidade de negociación colectiva.

Da representación sectorial dos sindicatos e da súa porcentaxe electoral depende en enorme medida a súa propia financiación e capacidade de acción. En definitiva, tamén a súa lexitimación como axente social representativo. As cifras de 2021 en España son ilustrativas. Asináronse un total de 908 convenios colectivos, 685 de empresa e os restantes de ámbito cando menos provincial.

Cada día laboral en España asínanse un total de 2,8 convenios colectivos

É un enorme esforzo de negociación e consenso, que normalmente pasa desapercibido, pero que inflúe loxicamente na vida cotiá e tamén na situación económica e social do Estado. Cada día laboral en España asínanse un total de 2,8 convenios colectivos, que supoñen horas de traballo e negociación da patronal e dos sindicatos. Hoxe son 2.601 os convenios colectivos que teñen vixencia. A negociación colectiva en España está viva e é dinámica, non exenta de tensións pero evidentemente moi capaz de consensos ou, cando menos, así o reflicten os datos. En todos os eidos de acción: empresa, provincia, estatal ou sectorial a negociación colectiva funciona.

Os convenios colectivos regulan entre outras cousas as categorías profesionais establecendo unhas táboas de salario acorde á capacidade profesional de cada categoría para encadrar aos traballadores pola a súa actividade. As táboas son un sistema xusto para o recoñecemento da capacidade e da responsabilidade, sendo parte importante da propia organización empresarial.

Esta parte da negociación está a sufrir tensións significativas pola intromisión indirecta do goberno do Estado. Vaia por diante que eu defendo unha converxencia de salarios mínimos en Europa, pero aplicando o senso común e fuxindo do populismo. O pacto sobre o salario mínimo interprofesional en 1.000 euros está referendado polos sindicatos, está ben, é de recibo aumentar o poder adquisitivo en momentos de inflación.

O mercado laboral e a negociación colectiva non foron quen de asimilar a anterior subida salarial

O que xa non é tan lóxico é o populismo que pretende implementar a vicepresidenta e ministra de Traballo querendo subir agora a 1.250 euros, xa que aínda o mercado laboral e a negociación colectiva non foi quen de asimilar a anterior suba. Numerosos convenios iniciaban a súa táboa por debaixo dos 1.000 euros, que agora son a referencia, así un traballador sen especialización e sen experiencia pasa a percibir 1.000 euros.

En numerosos convenios un especialista e mesmo un mando poden percibir 1.100 €… A diferenza porcentual non foi trasladada ás táboas salariais, facendo que a capacidade profesional se iguale e non se pague polos coñecementos. Evidentemente isto xera tensións no traballo e na tesoureira das empresas. Se agora, sen tempo de corrixir esta situación, engadimos 1.250 euros, desde o Goberno están a matar a capacidade de negociación colectiva. Precísase un tempo lóxico para pactar novas condicións, partindo da referencia mínima dos 1.000 euros.

Yolanda Díaz, na teima de traballar a súa marca, está a provocar que a negociación colectiva e a competitividade de España corra o risco de desaparecer da acción diaria. Acaso pretende ser un Estado cun SMI de 2.000 e sen convenios? Ese é outro modelo, máis pode que sexa o dela, ollo.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp