O discreto encanto das certificacións

Identificar e tramitar un certificado implica a conciencia dun obxectivo a lograr; a vontade de implantar os mecanismos necesarios; e o esforzo de traballar de acordo a un procedemento e someterse a unha dinámica de supervisión

El director técnico del Atlas Gallego de la Empresa Comprometida, Marcelino Fernández Mallo, analiza los resultados de la tercera edición del proyecto de Economía Digital Galicia

El director técnico del Atlas Gallego de la Empresa Comprometida, Marcelino Fernández Mallo, analiza los resultados de la tercera edición del proyecto de Economía Digital Galicia

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

A medida que avanzan as edicións, os resultados do Atlas Galego da Empresa Comprometida gañan en fiabilidade e representatividade. A acumulación e comparación dos datos recompilados permite acadar unhas conclusións cada ano máis ilustrativas da realidade das empresas galegas fronte ao grande desafío da sostibilidade.

Esta edición do Atlas amosa un feito quizais inesperado. A maioría dos datos permanecen inalterables ou presentan pequenas modificacións respecto do ano anterior, cunha excepción significativa: as certificacións. O compromiso da empresa galega mídese a través de atributos ou indicadores. Avalíanse, por exemplo, as medidas tomadas en materia de ética, de control das emisións de gases efecto invernadoiro ou de igualdade. Cando falamos desas medidas ou plans de actuación, apenas houbo cambios. Pero ademais, nun bo número de variables, engádese como atributo a certificación desa realidade por medio dunha institución acreditada. E aquí si se aprecian avances relevantes.

Unha certificación é un concepto incuestionable. A empresa está en posesión del ou non o está. Non hai matices nin escalas nin interpretacións. Identificar e tramitar un certificado implica conciencia, vontade e esforzo: a conciencia dun obxectivo a lograr; a vontade de implantar os mecanismos necesarios; e o esforzo de traballar de acordo a un procedemento e someterse a unha dinámica de supervisión. Eis a relevancia que lle atribuímos no Atlas como un chanzo superior de compromiso. E velaí que entendamos como un feito positivo o crecemento das certificacións nesta edición 2023.

Na variable ética, por exemplo, o Atlas inclúe certificacións coma a ISO 9001 de Código de Conducta e Ética, a ISO 37001 de Sistema de xestión para previr o suborno, a UNE 19601-19602 Certificación de Prevención de delitos, a Norma SA8000 da Empresa responsable, ou a SGE 21 de Sistema de xestión ética. Pois ben, se na edición 2022 o 25% das empresas dispuñan dalgún destes certificados, na edición 2023 eran exactamente o dobre, o 50%, as que os obtiveran.

Respecto á relación co medio, a porcentaxe de certificacións sectoriais de xestión ambiental pasou do 38,3% ao 46,9%. Unha certificación de especial significación é aquela que acredita o control das emisións de gases de efecto invernadoiro tales como a ISO 14064 de Verificación da Pegada de Carbono, as súas variantes ISO 14047 e ISO 14069, así como a Norma PAS 2060. Neste caso, as empresas con algunha destas certificacións pasaron do 18,3% ao 27,5%. Respecto á certificación ISO 50001 relativa á xestión eficiente da enerxía, fronte ao 18,3% (tamén) de 2022, temos o 23,8% de 2023. Incluso o Atlas estreou a certificación da pegada hídrica, pois namentres que na edición anterior ningunha as empresas posuía tal acreditación, na actual son tres as empresas que a obtiveron.

Como a festa nunca pode ser completa, habemos mencionar tamén o estancamento na certificación de residuo cero, que pasou do 10 ao 11,1%. A economía circular é un eido no que se poden facer cousas de efecto limitado pero que esixe unha revisión case total dos procesos se se pretende un impacto real importante. A baixa penetración da certificación de residuo cero parece compatible con estudos recentes1 que chaman a atención sobre a taxa de uso circular de materiais a cal está en España por debaixo e a moita distancia dos países europeos máis desenvolvidos.

Todo indica que a expansión das certificacións ambientais tenderá a seguir aumentando, non xa como sinal de compromiso das empresas respecto da sostibilidade senón incluso como ferramenta estratéxica. Pensemos, por exemplo, que o acceso aos recursos financeiros e o custo do crédito empeza a vincularse ás boas prácticas das empresas ante o medio ambiente. O cal vai requirir nova –e inminente– normativa que, con alta probabilidade, recorrerá ás certificacións como mellor xeito de acreditar a implantación dos debidos procedementos.

1 Reig, E., E. Uriel (dirs.), E. Benages, J.A. Franco y J.C. Robledo (2023). Economía y medio ambiente en España: análisis del flujo de materiales y capital natural. Bilbao: Fundación BBVA

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

Deja una respuesta