Do rexistro de pirómanos ás pulseiras telemáticas: así é o plan de Feijóo para facer fronte aos incendios.
As 50 medidas, que serán enviadas ás Cortes Xerais, inclúen tamén a profesionalización de Protección Civil, o despregue de máis axudas, sen impostos, e un maior apoio á gandeiría e ao mundo rural.

El presidente del Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo. César Arxina / Europa Press
Alberto Núñez Feijóo, líder do PP e expresidente da Xunta, presentou este luns un plan integral contra os incendios forestais, que será enviado ás Cortes Xerais e que inclúe 50 medidas entre as que se atopan a creación dun rexistro nacional de pirómanos e que estean xeolocalizados, profesionalizar Protección Civil, máis axudas e sen impostos, e máis apoio á gandería e ao mundo rural.
“Traballamos nunha resposta integral con 50 medidas para as zonas afectadas que comprenden a axuda inmediata ás persoas, a reparación de povos, a recuperación do patrimonio forestal e de empregos, e a preparación ante futuros eventos”, dixo este mediodía nunha rolda de prensa na sede do partido.
Feijóo subliñou que as propostas responden a tres obxectivos: atención áxil aos afectados, recuperación de entornos e empregos destruídos, e garantías para que “unha traxedia destas dimensións non volva ocorrer”.
Entre algunhas das medidas detalladas, destacou a creación dun Rexistro Nacional de Pirómanos que incluirá a persoas condenadas en sentenza firme por provocar incendios, quen deberán levar pulseiras telemáticas de localización.
Segundo cifras do Ministerio do Interior, nos últimos dous meses e medio foron detidas 41 persoas e outras 127 están sendo investigadas por iniciar lumes.
Outras medidas
O líder do PP tamén defendeu a necesidade de “obxetivar” a xestión de emerxencias para evitar a confrontación política e propuxo establecer criterios “obxectivos, transparentes e vinculantes” baixo a dirección de profesionais con experiencia. O fin, dixo, é garantir a rapidez e coordinación dos medios autonómicos, a Unidade Militar de Emerxencias (UME), as capacidades loxísticas do Exército e a activación de recursos europeos cando sexa necesario.
Ademais, o plan contempla axudas materiais e económicas inmediatas a persoas, localidades e empresas afectadas, así como a mobilización de recursos orzamentarios, incluíndo fondos europeos. Tamén prevé revisar o marco lexislativo e a xestión de montes para avaliar prácticas forestais e gandeiras con impacto negativo na prevención e extinción de incendios.