Actualizado
OHLA, antiga aposta de José Elías, ‘pesca’ o contrato para construír a nova facultade de Farmacia da USC
A proposta da compañía con sede en Madrid foi a mellor valorada cun orzamento de 23,43 millóns

Recreación virtual del futuro edificio del Centro de Ciencias de la Salud, en el que se incluirá la Facultad de Farmacia. – USC
Obrascon Huarte Laín SA (OHLA) foi a adxudicataria do contrato para construír o edificio que albergará a Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Esta facultade formará parte do futuro Centro de Ciencias da Saúde.
Así se decidiu esta semana nunha mesa de contratación celebrada este venres, segundo informou nun comunicado a USC. A proposta de OHLA foi a máis valorada cun orzamento de 23,43 millóns, IVE incluído.
Na primeira fase do edificio do Centro de Ciencias da Saúde, que está previsto que se execute en 22 semanas, contempla a construción dun centro que albergará unha biblioteca e sala de estudo con 410, 21 aulas para docencia teórica, 17 laboratorios de prácticas, aulas de informática, zona de cultivos e sala de conxeladores, ademáis dunha zona de convivencia para o estudantado e espazos administrativos e de goberno.
Segundo destacan desde a USC presenta un “deseño innovador” tanto na arquitectura coma en materia de instalacións, con “unha funcionalidade dos espazos pensada tanto para as necesidades de docencia da Facultade como para ser adaptados a posibles necesidades futuras”.
Aposta de José Elías
A finais de 2024 o coñecido empresario José Elías, dono da cadea de conxelados La Sirena e presidente de Audax Renovables, con unha participación de case o 14%. Dous meses despois do seu aterrizaxe na firma, a súa participación reduciuse ata o 10% tras unha ampliación de capital.
En marzo deste ano Elías e os tres investidores que entraron xunto a el –José Eulalio Poza, Antonio Almansa e Josep María Echarri– presentaron a súa carta de dimisión do consello de administración da construtora.
A saída de Elías, que ocupaba ata entón o cargo de vicepresidente primeiro da compañía, tivo lugar en plena batalla cos irmáns Amodio, principais accionistas. A compañía denunciou a Almansa ao que relacionaban coa suposta venda irregular de cinco millóns de títulos días antes do impacto en bolsa do levantamento de cautelares por un enfrentamento da compañía en Kuwait, que lle custou á empresa 40 millóns