Tasga repite o modelo da súa central do Miño para expandir o seu negocio hidroeléctrico a Asturias
A compañía galega presenta dúas alternativas para a súa hidroeléctrica reversible de 677 megavatios en Grandas de Salime, que se suma a outras dúas proxectadas en Galicia; poñelas todas en marcha requiriría cerca de 1.000 millóns de investimento.

Esquema general del proyecto de Sarabia Renovables (Tasga) en Grandas de Salime. Sarabia Renovables
Tasga Renovables, enerxética con domicilio social en Santiago de Compostela, plantexa distintas alternativas para o seu proxecto de central hidroeléctrica reversible de 677,27 megavatios (MW) no concello asturiano de Grandas de Salime, ao igual que fixo coa iniciativa que plantexa no Miño a través da filial Silvana Renovables, que contempla seis opcións de posibles instalacións.
Segundo se detalla na documentación presentada ante o Ministerio para la Transición Ecolóxica, á que tivo acceso Economía Digital Galicia, “o prantexamento de deseño de alternativas vén condicionado pola situación territorial de dous elementos definitorios da proposta: o depósito inferior existente (Encoro de Salime) e o punto de conexión para a evacuación de enerxía (SET Pesoz); o que delimita un ámbito de estudo centrado no val do río Navia e enmarcado polo Coto de Grandas Pena Os Coriscos (Sur) e Alto de Barbeitelo – Alto de Valongo (Norte), que abrangue unha superficie duns 8.860 hectáreas”.
En concreto o proxecto do suroccidente asturiano, promovido pola filial Sarabia Renovables, plantexa dúas alternativas: unha delas sobre a marxe dereita do río Navia e a outra sobre a súa marxe esquerda.
O documento contempla outra opción, a que chama “alternativa 0”, que implicaría “non proceder ao desenvolvemento da actuación” algo que a compañía sinala que “carece de sentido” na medida que o documento se enmarca no procedemento de trámite concesional para un aproveitamento hidroeléctrico do Río Navia.
O papel do encoro de Salime
Nos dous modelos que plantexa a compañía do grupo de renovables vinculado a José Luis Suárez, o presidente de Copasa, o encoro de Salime funcionará como depósito inferior; o que varían son os superiores.
No caso da opción da marxe esquerda estaría no Alto As Charquelas e ocuparía unha superficie de 200.388 metros cadrados. Explican no documento que a instalación ubicaríase “na penillanura localizada ao nordeste do núcleo de Santa María (Grandas de Salime)”. Este depósito conectaría co encoro a través dun circuito soterrado; tamén serían subterráneos os “túneles e a caverna de máquinas”.
Pola súa banda, na alternativa da marxe dereita as instalacións ergueríanse sobre unha superficie de 319.945 metros cadrados e ubicaríanse no Alto Os Pozos “sobre a ladeira oeste do cordal formado polo Alto de Varologno, Cabo o Monte e Os Pozos. Ao igual que o anterior, o circuito que conecta co encoro estaría soterrado. “No entorno da zona media deste circuito localízase a caverna de máquinas, cuxos túneles dirixen en dirección oeste-noroeste ata a boca de entrada na estrada AS-14”.
En ambos os casos os depósitos foron deseñados “considerando o efecto de sobreelevacións asociadas a precipitacións, oleaxe e sismos” e contarán co seu “correspondente drenaxe de fondo, formado por dous condutos de aceiro de 800 mm de diámetro e uns 250 metros de lonxitude” que “discorrerán enterrados” e que “permiten baleiralos nun tempo de 5,3 días”.
Outros proxectos de Tasga
A central que a compañía proxecta no Miño requerirá un investimento mínimo de 350 millóns. Esta planta contempla seis posibles alternativas de instalacións, dúas propostas para cada unha das tres ubicacións seleccionadas. En todas elas suporán a construción dunha balsa superior e unha central hidroeléctrica en caverna, é dicir, subterránea, cun caudal de captación de 80 metros cúbicos por segundo.
Outro proxecto é o da central de bombeo de Meirama de 440 MW, iniciativa que foi declarada a principios de setembro proxecto estratéxico pola Xunta e que suporá un investimento de 443 millóns. A iniciativa, para a que se prevé un investimento de 443 millóns, utilizaría o lago de As Encrobas como depósito inferior e escavaríase unha nova balsa no terreo para utilizala como depósito superior.
Outro dos proxectos que recentemente obtivo o visto e prace da Xunta é a planta de hidróxeno que a compañía impulsa no concello pontevedrés de Vila de Cruces. A principios de maio, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, concedeu a autorización ambiental integrada que permitirá poñer en marcha unha instalación coa que se prevé producir cerca de 70 toneladas anuais de hidróxeno.