A Coruña, berce do futuro da intelixencia artificial

A Coruña posiciónase como unha das cidades tecnolóxicas de referencia a nivel internacional

Presentación de la candidatura de A Coruña para albergar la Agencia Española de Inteligencia Artificial

Presentación de la candidatura de A Coruña para albergar la Agencia Española de Inteligencia Artificial

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp

A decisión unánime do Goberno de España de escoller A Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA) pon de manifesto dúas cuestións fundamentais: que A Coruña é o polo tecnolóxico de referencia en Galicia, e que a folla de ruta posta en marcha pola nosa alcaldesa Inés Rey xa está a dar os seus froitos, recuperando ese liderado que os coruñeses e coruñesas tanto demandabamos.

Reposicionar A Coruña no mapa non é un obxectivo doado. É unha decisión ambiciosa que amosa unha visión da cidade a longo prazo para a que se precisa a máxima implicación. É tamén unha mostra dese traballo serio, rigoroso e discreto que tanto ten defendido a nosa alcaldesa e que nos permite estar celebrando a elección da Coruña como sede da AESIA e con ela, a recuperación dese liderado e orgullo polo que tanto levamos traballado.

A AESIA será o primeiro organismo estatal da Unión Europea para a supervisión da intelixencia artificial, co que España se adianta ao regulamento comunitario que entrará en vigor o vindeiro ano. A Coruña non só será a única cidade española en acoller un organismo estatal vinculado á intelixencia artificial, pasando de ser o polo tecnolóxico de Galicia a ser o máis competitivo de España; tamén será a primeira europea, situándose na vangarda científica e posicionándose como unha das cidades tecnolóxicas de referencia a nivel internacional.

Fai escasos meses, A Coruña daba o primeiro paso como líder das cidades europeas acollendo a celebración do cumio hispano-alemán, froito do traballo da alcaldesa e da confianza depositada polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na capacidade da Coruña e do Goberno municipal nun evento clave para a política europea. E se o cumio foi o primeiro paso, a escolla da Coruña como sede da AESIA é a constatación de que A Coruña está preparada para exercer ese liderado que estamos a recuperar, pero tamén o recoñecemento do Goberno de España á folla de ruta posta en marcha no 2019. Un modelo de cidade que conta co aval do Goberno e co respaldo maioritario da cidadanía, que ve na concesión da AESIA como A Coruña volve a recuperar o seu lugar.

O sector empresarial ve na AESIA unha oportunidade. O tecido académico ve na AESIA unha oportunidade. A cidadanía ve na AESIA unha oportunidade. Pero a AESIA é xa unha realidade. A Coruña ten na súa man a chave para conquistar o futuro tecnolóxico, consolidando ese proxecto que arrancou no 2019 e que hoxe é xa un modelo no que se miran outras cidades.

Recibe nuestra newsletter diaria

O síguenos en nuestro  canal de Whatsapp